Sumario

 

NON SOMOS INOCENTES

 

 

 

A marxinación e os malos tratos na Terra de Melide

 

Todos sabemos que no mundo hai moitos casos de discriminación, e que a culpa non é de un nin de dous, senón de todos nós. Algunhas persoas son discriminadas pola raza, pola cor de pel, ou simplemente por vir doutro país. Pero tamén hai discriminación aquí entre nós. ¡Non!, ¡non estás soñando! É unha realidade dura e cruel, e senón, segue lendo estes exemplos que encontramos pretiño de nós, e que son reais, por desgracia.

 

 

 

Maltratados por ser alcohólicos ou drogadictos

 

Algunhas persoas son maltratadas por ser alcohólicas ou drogadictas; a xente pensa que estas persoas non teñen sentimentos e trátanas como animais,  xa que cren que fan dano aos demais. É moi normal que vaias pola rúa e escoites dicir a unha nai:

-         Ai, fillo/a, non te achegues a ese home, que é moi malo.

Tampouco é raro observar como os nenos lle preguntan á nai qué lle pasa a unha persoa desas e que a nai lles conteste:

-         Non quero verte cerca de ninguén coma el.

Ou, se o alcohólico ou drogadicto ten fillos:

-         Non andes con ese neno, que ten un pai moi malo.

Todo isto é moi fácil escoitalo, e aínda cousas peores, pero ¿que máis dá que sexan alcohólicos ou drogadictos?, porque todas as persoas temos sentimentos.

Tamén é, desgraciadamente, moi frecuente que cando un alcohólico ou drogadicto pide un posto de traballo, non llo dean; en cambio, se o pide unha persoa normal, danllo máis facilmente.

 

 

A raza Xitana

 

Algunhas persoas maltratan aos xitanos porque pensan que son xente mala e que rouban, máis ben pola raza e a cor da pel, e iso non debería ser así porque cada un é como é . Deberían ser todos ben tratados, e todos nos debiamos levar ben con eles porque as persoas de raza xitana teñen os mesmos sentimentos que as persoas “normais”.

Velaí un caso en Madrid. Nun barrio habitado por persoas de raza xitana a policía non pode entrar porque corre perigo de ser agredida, pero realmente o que se observa é que a policía pretendería entrar aínda sen existir ningún motivo especial, só por seren xitanas as persoas que alí habitan.

Está claro que non se poden xulgar as persoas polas aparencias.

 

 

 

 

Maltrato dos animais

 

Ben sabemos todos que os animais son máis maltratados do que puidesemos sospeitar, incluso aqueles que temos na casa como mascotas. Cando os animais se senten maltratados poden dar un xiro tan grande que poden atacar ao dono para que non lles volva pegar máis. Un día presenciamos como un señor lle pegou a un can e o can botouse ao seu dono só para defenderse, claro. Desde aquel momento, nunca máis lle volveu pegar nin rosmar a ningún tipo de animais.

 

 

 

Son só tres exemplos, pero con eles o que pretendemos foi demostrarche, lector/a do INTRES, que non serve pensar que iso da marxinación e dos malos tratos é algo que existe alá lonxe, moi lonxe. Repara ben ao teu arredor e descubrirás outros casos. E, algo deberas facer para que non ocorresen...

 

Alumnado do PDC de 3º.