Sumario

 

O ASEREJÉ SATÁNICO

 

 

  ¡¡O que hai que oír, ... .mellor dito ler!! O outro día cando estaba eu tranquila lendo o xornal e vin que poñía que o aserejé era satánico case escacho coa risa. Home, a verdade é que algo de pecado si que ten que estiveramos todo o verán cantando unha canción como esa, pero de aí a que incite ó satanismo...

Púxenme a ler con interese e vin burradas como as seguintes:

       O señor Rolando Sánchez, asistente espiritual do Instituto do Departamento evanxélico afirmaba o seguinte: “Se non ten significado é porque algo oculta, polo que é mellor non escoitala”. Segundo isto a xente que non sabe inglés non pode escoitar cancións neste idioma xa que non sabe o que significa.

Despois está a traducción que lle dan porque xa me diredes en que se parece “bugui an de buididip” a “baixan e han de guiar por nós”.

E o pobre Diego..., mira que dicir que é Lucifer, polo menos chamarlle “anxo fermoso”

Eu sinceramente creo máis a versión que dan elas na que din que a canción é a versión “Spanglish” do tema Raper’s delight de Sugar Hill Gang porque se nos fixamos hai palabras parecidas ó inglés como “an” (and) ou “de” (the).

O mellor de todo isto é que lle dean publicidade ó grupo, sobre todo agora que están de xira por Estados Unidos e alí vanlle moito este tipo de cousas satánicas e relacionadas con ritos demoníacos.

En fin, creo que o que teñen que facer é darlle algo para facer ós curas de Honduras porque os pobres débense aburrir e non teñen outra cousa que facer máis que intentar sacar demos de onde non hai nada.

Definitivamente creo que a traducción que lle deron a canción non ten nin pés nin cabeza, que o Aserejé segue sendo unha canción sen sentido.Non que lle busquemos os tres pés ó gato.