Sumario

O Budista Liberador

 

 

Un budista fanático libera animais de zoos e circos.

 

Red.IES.Melide

Hai unha semana un home comezou a liberar animais de circos e zoos.

A situación xa crítica, pois os circos e zoos perderan moitos cartos en desperfectos, e os animais andaban soltos por Madrid, amañouse tras unha longa investigación policial.

Dado que os animais liberados só eran elefantes, monos, serpes e leóns, deduciuse que o home era budista, pois eses son os catro animais saagrados desa relixión, pista que foi fundamental para resolve-lo caso.

Ademais da policia, houbo unha gran colaboración cidadá, dado que o budista actuaba de día e sen cubrirse o rostro, polo que houbo moitas testemuñas que axudaron a facer un retrato robot do delincuente que se distribuiu por todo Madrid.

O delincuente, que se chamaba Sidarth, na honra do Buda, chamado Sidartha; era coñecido polos seus amigos como o “Buda animal”, foi arrestado no Zoo de Madrid mentres intentaba liberar ás serpes do zoo, cando o recoñeceu un garda de seguridad e o arrestou.

O delincuente fora monxe no templo de Doi Suthap, que é onde está a representación do buda máis adorada, o Buda Esmeralda; durante dez anos; pero  deixouno fai un ano, cando decidiu vir a España, facendo auto-stop pois, non tiña nin cartos nin ningún medio de transporte propio.

O xuizo contra Sidarth celebrarase na Audiencia Nacional. O que si é seguro, é que, ademais dos anos que terá que estar no cárcere, terá que pagar unha forte indemnización pois o custo dos danos causados polos animais, son case incalculables.

Nestes momentos hai cincuenta e sete persoas hospitalizadas polos ataques dos animais, cifra que pode aumentar pois aínda hai animais soltos nuns viente quilómetros a redonda.

 

 

Samuel Garabal 3.ESO D

 

Javier García     3. ESO D