O PRESTIGE. TRAXEDIA NO MAR
|
|
|
|
O pasado 19 de novembro
acabouse de afundir o “Prestige” derramando miles de toneladas de petróleo.
Este afundimento produciu unha catástrofe natural que afecta sobre todo ós
medios naturais e en especial ó parque natural das Illas Cíes porque alí hai especies únicas que non
volverán reproducirse. AS CIFRAS 913 Km da costa vedados para a pesca 798 Km vedados para o marisqueo 183 praias afectadas Custe do material: -
traxe de
auga- 5’10 -
gafa panorámica-
1’90 -
mascarilla con
válvula e carbono activado- 2’20 -
guantes de
neopreno- 1’30 -
capazo- 1’50 -
pa- 12 -
botas de auga-
5’60 custe total do equipo- 29’60 Mª Assumpta Curros Doménech- 2º ESO-A GREENPEACE E AS SÚAS PROPOSTAS A organización ecoloxista
Greenpeace acusa ó goberno de realizar un papel nefasto coa decisión de
afastar das costas españolas, en concreto das galegas, o buque Prestige en
lugar de ter transvasado o combustible a outros buques. Esta medida segundo
esta organización tería evitado a catástrofe. O voceiro de Greenpeace afirmou que co afundimento do barco non se solucionou o problema e que o perigo de contaminación segue no mar. Nestes momentos, a organización ecoloxista estudia as responsabilidades que poden esixir por esta catástrofe ó goberno, e avalían o alcance da mesma tralo afundimento do barco. As “mareas negras” non son froito da mala sorte. O grupo ecoloxista ten moi claro unha serie de medidas básicas que se deberían tomar, e critica a feble e permisiva normativa que en todo o mundo permite que os petroleiros non extremen as medidas de seguridade e escapen ás responsabilidades. - Prohibir que operen baixo bandeira de conveniencia son dúas das principais medidas que segundo Greenpeace rematarían coas catástrofes como a do Prestige. Segundo a denuncia de Greenpeace, a directiva para o control de transporte de substancias perigosas prohibe buques de máis de 15 anos e casco único, pero a demora na aplicación nos estados membros unha vez máis fai que non se chegue a tempo. Marcos Sánchez Carricoba 2º ESO- B “PRESTIGE” O Prestige foi un barco que se construíu en Xapón en 1976 e que non o quería ningún país sensato pois contaba ademais cunha tripulación que non estaba preparada. Este barco xa fora sancionado en New York por fallos de seguridade. O barco saíu de Riga e dirixiuse a Singapur, con escala en Xibraltar. Ás 15:15, o petroleiro lanzou dende as costas galegas un SOS porque un golpe abrira unha vía de auga en dous tanques baleiros. O capitán, Apóstolos Maguras, explicaba máis tarde ante o xuíz que sentiu un ruído fortísimo, algo que tamén afirmaron os mariñeiros. Ese día, un mercante alertara ó seu paso por Galicia da perda de 200 troncos de 17 metros. Unha versión sobre o accidente fala dunha vía de auga, pero crese que un tronco impulsado pola oleaxe puido impactar contra o lado dereito do barco. Unha hora despois do SOS, chegaron helicópteros de Vigo e A Coruña e evacuaron a 24 tripulantes do Prestige. Ás 17:00 da tarde, o barco comezou a expulsar fuel, un derivado do petróleo. Namentres aquí
está a pasar todo isto ... ¿Onde están os políticos? - O presidente do goberno atópase en Punta Cana. - O ministro de Pesca está en Sevilla. - O presidente da Xunta inicia unha viaxe a Aranjuez para ir cazar. - O ministro de Medio Ambiente estaba pescando. De seguido, o capitán do barco é encarcerado e acusado de desobediencia e delicto ecolóxico. Países como Gran Bretaña e Alemaña ofrecen a súa axuda pero España rexéitaa porque pensa que non hai ningún problema e non quere alarmar a ninguén. A RIQUEZA
MARIÑA ARRUINADA Algunhas das especies mariñas máis afectadas por esta gran catástrofe son: - ameixas -berberechos -navallas -centolas -caballa -congro -erizos -robaliza -nécora -vieira -luras -polbo -linguado -sepia -camaróns -xurelo -percebes -lapa -araos -mexillón -gaivotas Celia Parrado – 2º ESO -B |