O QUE PERDURARÁ
|
|
|
|
Cando estás aquí é por obriga, pois ti queres seguir no mesmo colexio,
coa mesma xente cos que xa estás acostumado/a. Logo xa non hai máis remedio e
pasas a pensar que catro anos logo pasan que malo será non acostumarse.
Entras aquí e dá un pouco de medo e aínda por riba lonxe da túa casa, aquí
hai máis rebumbio, sénteste minúscula no medio de tanta xente e todo é novo.
Pero o tempo vai pasando, vas facendo novos amigos, uns de verdade e outros
que son máis ben “pasaxeiros” como os anos que pasan moi axiña. Cando te decatas xa rematas o chamado ESO e logo
anímante a facer Bacharelato. Aceptas e de súpeto atópaste ás portas da
Universidade e a uns meses do selectivo. Entón comezas a pensar en todo o que
che ocorreu neste centro e aínda que non o recoñezas comezas a sentir morriña
polos amigos, polos profesores, ... Decátaste de que custa deixar o nono IES
e digo “NOSO” porque cando levas seis ou sete coa mesma xente sentes añoranza
e non che apetece marchar.Pero así son os estudios :¡Ou te estancas ou andas
para adiante!. Só dicirvos para rematar que aínda que todo isto
que atopei sexa algo do pasado, as lembranzas levareinas sempre comigo. Unha aperta a tódolos amigos e amigas do IES. ISABEL
CORRAL CEA-2º BACH. |