|
OS DE 1º DE ESO A OPINAMOS O PRESTIGE |
|
|
|
O Prestige é un barco que
afundiu moi preto da costa galega con moitísimas toneladas a bordo de fuel, un
producto moi pegañoso parecido ó petróleo. Non lle pasaron a revisión, era moi
vello e tiña un só casco, ademais levaba carga de máis. Fíxoselle un furado no casco e ó ter un
só entroulle a auga e estropeou as máquinas. O capitán non quería abandonar o
barco e causou polémica. Mentres ía vertendo o fuel, intentaron con barcos
remolcadores e con helicópteros de todo tipo afastalo e metelo o máis posible
no mar para que non chegara a Galicia, pero non se puido evitar. A mancha
chegou e provocou un desastre ecolóxico enorme, están morrendo milleiros de
aves, peixes e demais animais que habitaban e alimentábanse da vida mariña.
Hai voluntarios que veñen de todo o mundo para limpar as praias que están
negras. Están traballando e dormen en colchóns que hai nun recinto cerrado,
traballan confundas de plástico, botas de goma e mascariñas, porque o fuel
ten un olor penetrante que pode chegar a marear. Agora, dende Alemaña,
Bélxica e outros países están chegando barcos que extraen o fuel. A min, persoalmente, anque respectando
outras opinións, paréceme que España e o goberno podía facer algo máis do que
está facendo, porque chega moita axuda de outros países e voluntarios, e nin
sequera o noso gobernos lles proporciona colchóns suficientes para durmir. Nuria Ese barco ó fundirse arruinou a todos
os pescadores galegos. Xa non teñen qué facer, só axudar nas praias a sacar o
fuel. Ata teñen que trasladar os peixes do acuario da Coruña para que non se
contaminen. Tamén miles de aves se están prexudicando porque ó ir beber ou
bañarse no mar quedan atrapadas, en calquera sitio cerca da costa que se
poñan contamínanse. ¡É todo un desastre! Mª Victoria A min paréceme moi mal o do Prestige
porque nos outros lugares deixárono pasar aínda que estaba en moi malas
condicións para andar polo mar, e agora os que pagamos as consecuencias somos
os galegos: morren moitos animais mariños, os pescadores non teñen peixe nin
marisco que pescar e, polo tanto, non gañan cartos, e á parte diso, tampouco
podemos bañarnos no mar nin estar nas praias por mor do fuel. ¡É unha mágoa! Tania O Prestige
tróuxonos á nosa costa moito petróleo. Agora, ata que pase toda esta marea
negra, non poderemos seguir comendo nin percebes nin mexillóns, etc. O Prestige
partiu pola metade hai uns días. Ós que máis lles afecta é ós que viven cerca
do mar, porque se alimentan de percebes e cousas así. (...) Eu penso que esto non debería volver
pasar, porque se non sería un desastre, os peixes morrerían todos e as
persoas que viven cerca do mar non poderían volver pescar. Tamén hai uns anos veu un barco
petroleiro ás nosas costas e agora xa é a segunda vez que pasa esto. NUNCA MÁIS VOLVERÁ PASAR José Miguel O Prestige
non debería poder navegar tan preto da costa nesas condicións, porque, pola
culpa del, manchounos unha costa moi bonita que tiñamos aquí en Galicia. E o
peor é que esa mancha quedará aquí durante moitos anos, e non poderemos
coller productos frescos do mar, e os pescadores e mariscadores quedarán sen
traballo. O outro día fun ver a costa a Narón, e
xa limparan bastante a costa, pero as rocas e o porto seguían todos manchados
do fuel do Prestige. Giovanna O Prestige
é moi malo, ademais agora neste tempo é cando máis marisco se come e seica
subiu de prezo. Ademais, hai moita xente traballando
alí, pero non tanta, xa que escoitei na radio falar a unha persoa que dixo
que o que viamos pola tele non era nada, que había que ir alí para ver como
estaba aquelo e que non deixaban traballar a todo o mundo, que só había alí
unha xente que meteran e nada máis. Ben, ¡pois case que non poderei comer
os meus langostinos que tanto me gustan por Noite Vella. Sonia É malo, porque contaminou todo (...) Paréceme
mal que os políticos non mandaran xente para limpar as praias e as teñan que
limpar voluntarios. Os mariñeiros han quedar sen cartos. O
goberno ten que axudar e vai quedar menos diñeiro. E o máis grave é que o Prestige segue aínda con bidóns de petróleo
que poden estoupar e seguir contaminando o mar. David O Prestige
fixo moito mal para os pescadores, para eles foi a ruína. A min dáme pena,
porque no verán non nos poderemos bañar, e dáme moita pena. Cristina A min pareceume un fracaso, porque
deixou as augas galegas bañadas en petróleo. A min danme pena as aves que morren,
que son moitas, e tamén me dan pena os mariñeiros que vivían do mar. Alba O Prestige
é un barco que creo que non debería andar polas costas de Galicia, porque é
moi prexudicial para os galegos. Matou moitos mexillóns e percebes. As
praias están todas cheas de chapapote e a xente axuda porque as familias da
costa están pasando por unha crise que os pode levar á ruína. Rubén O Prestige
fundiuse porque o capitán é subnormal, e agora os galegos fastidiámonos e non
podemos bañarnos na praia, ademais a min encántame ir á praia. Cando rompeu,
enfadeime ¡MOITO! Sandra (...)
O rei foi nun helicóptero voando por riba da praia, despois falou cos
traballadores. Os traballadores dixéronlle que tiñan que axudar máis. Alberto O barco Prestige foi unha ruína absoluta para os mariñeiros, porque
estamos quedando sen marisco e foi unha ruína total. (...) Juan O Prestige
afundiu e soltou moito petróleo e chegou a máis de 150 praias galegas. O peor é que se chega a Ribeira eu non
podo ir de vacacións e paso todo o verán metido na casa aburríndome. Oxalá nunca chegue ás Rías Baixas,
porque se non non podo ir a Ribeira. Daniel O Prestige
afundiu por non cumprir as normas, debería ter dobre casco. Eu penso que non deberon levalo a alta
mar, porque agora está vertendo moito fuel oil. O que deberían facer sería
remolcalo, pero cara un porto, alí rodealo de barreiras para que non escape o
líquido cara ó mar, alí no porto tiñan que sacarlle o líquido e así as costas
galegas, penso que non estarían tan danadas polo líquido. Fernando (...)O peor foi cando se rompeu pola
metade e a marea foi estendéndose por toda a costa e as persoas que foron
axudar traballaron moito, por esto tamén viñeron doutros países e lugares,
tamén empezaron a colocar barreiras de troncos e de aire. Pódese tardar uns
anos en conseguir limpar o mar. José O do Prestige foi un desastre ecolóxico, porque invade as augas, mata
os animais e mancha as praias. Toño |