OS SENTIMENTOS |
|
|
|
Contan que unha vez se reuniron na Terra todos os sentimentos e
calidades dos homes. Cando o aburrimento bocexara por terceira
vez, a loucura propuxo xogar ás agachadas. A intriga levantou a cella
intrigada e a curiosidade, sen poderse conter, preguntou: -
¿Ás agachadas? ¿E como é
iso? -
É un xogo, explicou a loucura,
no que tapo a cara e comezo a contar desde un ata un millón, mentres vostedes
se agachan, e, cando eu xa teña rematado de contar, o primeiro de vostedes
que encontre ocupará o meu lugar para continuar o xogo. -
O entusiasmo bailou
secundado pola euforia; a alegría deu tantas voltas que acabou por convencer
á dúbida, e incluso á apatía, á que nunca lle interesaba nada. Pero non todos
quixeron participar. A verdade preferiu non esconderse, ¿para que, se sempre
a atopaban? e a soberbia opinou que era un xogo moi tonto, e, no fondo, o que
lle molestaba era que a idea non fose súa. E a covardía... a covardía
preferiu non arriscarse. 1, 2,3, comezou a contar a loucura. A primeira es esconderse foi a
preguiza, que, coma sempre, deixouse caer sobre a primeira pedra do camiño. A
fe subiu ó ceo e a envexa agachouse trala sombra do triunfo, que co seu
propio esforzo logrou subir á copa máis alta dunha árbore. Á xenerosidade,
cada sitio que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos, que
se un logo cristalino perfecto para a beleza; que se unha regandixa dunha
árbore perfecta para a timidez; así que terminou por ocultarse nun raíño de
sol. O eufemismo, en cambio, encontrou un sitio moi bo; desde o principio
pareceulled: ventilado, cómodo, ... pero iso si, só para el. A mentira
escondeuse no fondo do océano: ¡mentira! (rise), que en realidade escondeuse
detrás do arco iris. E a paixon desexou estar dentro dos volcáns. O
esquecemente esqueceume onde se escondeu: pero iso non é o importante. Cando
a loucura contaba ¡999.999! o amor aínda non se escondera, pois todo estaba
ocupado; ata que divisou a roseira, e, enternecido, decidiu esconderse entre
as súas flores. "Un millón" contou
a loucura, e comezou a buscar. A primeira en aparecer foi a preguiza. Despois
escoitouse a fe discutir con Deus no ceo e a paixón e o desexo sentiunas no
vibrar dos volcáns. Nun descoido encontrou a envexa e, claro está, encontrou
o triunfo. De tanto camiño sentiu sede, e ó achegarse ó lago encontrou a
beleza. Pero aínda faltaba o amor. A loucura comezou a mover as pólas cando
de pronto escoitouse un doloroso berro; as espiñas feriran os ollos do amor. A loucura non sabía qué
facer para desculparse; chorou, rogou, pediu perdón... e ata prometeu ser un
Lazarillo. Dende entón, dende que por
primeira vez se xogou ás agachadas na Terra, o AMOR é cego e a LOUCURA sempre
o acompaña. Yolanda
López Garabatos 1º
BAC-B |