Sumario

 

O FUEL-OIL

 

 

 

1.     O FUEL-OIL

 

1.1.  ¿Que é?

 

O fuel-oil ou mazut é un aceite pasado que se obtén no refinamento do petróleo a máis de 350ºC de temperatura.

 

Son os resíduos pesados da destilación do petróleo; forma hidrocarburos entre 25 e 30 carbonos. Utilízase para calefaccións domésticas ou industriais.

 

 

1.2.  ¿Cómo se extrae o petróleo?

 

A torre de perforación rotatoria emplea unha serie de tuberías xiratorias, a chamada cadea de perforación, para acceder a un xacemento de petróleo. A cadea está suxeita por unha torre, e o barco xiratorio da base faino xirar. Un fluido semellante ó fango, impulsado por unha bomba, retira os desfeitos da perforación a medida que o taladro penetra na rocha. Os xacementos de petróleo fórmanse como resultado dunha presión inmensa sobre capas de organismos acuáticos e terrestres mortos, mezclados con area ou lima. O xacemento mostrado está atrapado entre unha capa de rocha non porosa e un domo salinífero. Como non teñen espacio para expandirse, o gas e o petróleo crudo están baixo unha gran presión, e tenden a brotar de forma violenta polo burato perforado.

 

Esta plataforma petrolífera é igual cá anterior, só que está sumerxida, descansa sobre flotadores e está anclada ó fondo. Os pozos mariños producen arredor do 25% do petróleo extraído en todo o mundo.

 

1.3.  ¿Cómo se transporta?

 

Hai dúas formas principais de transporte do petróleo:

§       Por barco (petroleiros).

§       Oleoductos.

 

Petroleiros como os da fotografía transportan crudo por todo o mundo. A meirande parte dos petroleiros modernos teñen unha eslora superior ós 345 m. e transportan máis de duascentas mil toneladas de carga.

 

Os oleoductos son grandes tuberias que se utilizan para transportar petróleo, como por exemplo o de Alaska (o da foto) que transporta petróleo dende a bahía de Prudhoe ata os petroleiros que atracan no sur de Alaska. O oleoducto recorre 1.270 Km. de terras deshabitadas. Transporta dous millóns de barrís da costa Ártica ó golfo de Alaska.

 

 

2.     A CATÁSTROFE DO PRESTIGE  PASO A PASO

 

2.1.  A ruta que seguiu o buque ata o seu afundimento.

 

2.2.  Día a día

 

Mércores 13 de novembro do 2002

O buque lanza o S.O.S. ás tres e carto da tarde a só 28 millas (50 km.) ó oeste do Cabo Fisterra, ameazando con ir a pique en calquer momento con 77.000 toneladas de fuel que levaba nos seus tanques.

Ás doce da noite o remolcador Ría de Vigo trata sen éxito de enganchar o petroleiro para afastalo das costas galegas.

Aparece na superficie unha mancha de 5 millas de longo (case 10 km.) e 300 m. de ancho.

 

Xoves 14 de novembro de 2002

         Unha marea negra de 3.000 toneladas ameaza seriamente ó litoral galego. O buque logrou arrancar os motores a mediodía e recuperou certa autonomía.

 

Venres 15 de novembro do 2002

         O buque ten unha brecha de máis de 40 m. no seu casco, provocada pola vibración dos motores. O risco de que parta en dous pon sobre a mesa outro perigo máis grave: que afunda o barco e estoupen os tanques cunhas 74.000 toneladas da fuel. Ó mediodía o Prestige non avanza ó non dispoñer de motores, que se apagaron de madrugada para evitar que a grieta se fixese máis pronunciada.

         O capitán do Prestige é arrestado tan só pisar terra.

 

Sábado 16 de novembro de 2002

         A marea negra do Prestige chega ás costas galegas afectando a máis de 80 km dende Muxía a Malpica. Deste xeito queda dañada a zona marisqueira máis importante de España.

 

Domingo 17 de novembro do 2002

         Unha segunda marea negra amenaza Galicia. A ruptura doutro tanque do Prestige deixa a unha distancia de entre 100 e 144 km frente a Corrubedo outra gran mancha; que destroza boa parte da costa coruñesa.

         O petroleiro está durante todo o dí parado por orde das autoridades españolas que impediron que o buque navegara en dirección sur.

 

Luns 18 de novembro do 2002

         Unha nova mancha de hidro carburo de 70 millas de longo por 5 de ancho situouse a 75 millas ó oeste de Fisterra en dirección o noroeste.

         A lingua de hidrocarburo exténdese de forma incontrolada deica ó sur da comunidade. Tamén as Illas Cíes poderían verse afectadas por este verquido.

         150 membros da Armada, procedentes de Ferrol, e ó menos 50 integrantes da Escola da Mariña sumanse ós labores de recuperación de hidrocarburos, que se centra en Camelle, Caión e Malpica (as zonas que ata o de agora rexistran maior cantidade contaminante).

 

Martes 19 de novembro do 2002

         As 8.00 h. o petroleiro parte pola metade. Ó mediodía aproa e a popa incian en paralelo o seu descenso ó fondo do mar. O barco segue expulsando fuel. En dúas horas non queda nada na superficie da auga, só un remuíño de escuma e o fuel. Isto provoca que unha nova marea negra ameace Galicia.

 

Mércores 20 de novembro de 2002

         O temporal empurra unha marea negra que desborda as peores previsións.

         Conseguiuse a primeira foto por satélite da marea negra.

 

Xoves 21 de novembro de 2002

         O fuel chegou