PRESTIGE, CATÁSTROFE PARA GALICIA
|
|
|
|
1. O FUEL-OIL 1.1.
¿Que é? O fuel-oil ou mazut é un aceite pasado que se obtén no refinamento do
petróleo a máis de 350ºC de temperatura. Son os residuos pesados da destilación do petróleo; forma hidrocarburos entre 25 e 30 carbonos. Utilízase para calefaccións domésticas ou industriais. 1.2.
¿Cómo se extrae o
petróleo? A torre de perforación rotatoria emprega unha serie de canalizacións
xiratorias, a chamada cadea de perforación, para acceder a un xacemento de
petróleo. A cadea está suxeita por unha torre, e o barco xiratorio da base
faino xirar. Un fluído semellante ó lodo, impulsado por unha bomba, retira os
desfeitos da perforación a medida que o trade penetra na rocha. Os xacementos
de petróleo fórmanse como resultado dunha presión inmensa sobre capas de
organismos acuáticos e terrestres mortos, mesturados con area ou lima. O
xacemento mostrado está atrapado entre unha capa de rocha non porosa e un
domo salineiro. Como non teñen espacio para expandirse, o gas e o petróleo
cru están baixo unha gran presión, e tenden a brotar de forma violenta polo
burato perforado. Esta plataforma petrolífera está somerxida, descansa sobre flotadores
e está ancorada ó fondo. Os pozos mariños producen arredor do 25% do petróleo
extraído en todo o mundo. 1.3.
¿Cómo se transporta? Hai dúas formas principais de transporte do
petróleo: § Por barco (petroleiros). § Oleoductos. Os petroleiros transportan cru por todo o mundo. A
meirande parte dos petroleiros modernos teñen unha eslora superior ós 345 m.
e transportan máis de duascentas mil toneladas de carga. Os oleoductos son grandes tubarias que se utilizan
para transportar petróleo, como por exemplo o de Alaska (o da foto) que
transporta petróleo dende a baía de Prudhoe ata os petroleiros que atracan no
sur de Alaska. O oleoducto recorre 1.270 Km. de terras deshabitadas.
Transporta dous millóns de barrís da costa Ártica ó golfo de Alaska. 2. A CATÁSTROFE DO PRESTIGE PASO A PASO 2.1.
A ruta que seguiu o buque
ata o seu afundimento. 2.2.
Día a día Mércores 13 de novembro do 2002O buque lanza o S.O.S. ás tres e carto da tarde a só 28 millas (50 km.) ó oeste do Cabo Fisterra, ameazando con ir a pique en calquera momento con 77.000 toneladas de fuel que levaba nos seus tanques. Ás doce da noite o remolcador Ría de Vigo trata sen éxito de enganchar o petroleiro para afastalo das costas galegas. Aparece na superficie unha mancha de 5 millas de longo (case 10 km.) e 300 m. de ancho. Xoves 14 de novembro de 2002
Unha marea negra de 3.000 toneladas ameaza seriamente ó litoral galego. O buque logrou arrancar os motores a mediodía e recuperou certa autonomía. Venres 15 de novembro do 2002O buque ten unha brecha de máis de 40 m. no seu casco, provocada pola vibración dos motores. O risco de que parta en dous pon sobre a mesa outro perigo máis grave: que afunda o barco e estoupen os tanques cunhas 74.000 toneladas da fuel. Ó mediodía o Prestige non avanza ó non dispoñer de motores, que se apagaron de madrugada para evitar que a fenda se fixese máis pronunciada. O capitán do Prestige é arrestado tan só pisar terra. Sábado 16 de novembro de 2002A marea negra do Prestige chega ás costas galegas afectando a máis de 80 km dende Muxía a Malpica. Deste xeito queda danada a zona marisqueira máis importante de España. Domingo 17 de novembro do 2002Unha segunda marea negra ameaza Galicia. A ruptura doutro tanque do Prestige deixa a unha distancia de entre 100 e 144 km fronte a Corrubedo outra gran mancha; que esnaquiza boa parte da costa coruñesa. O petroleiro está durante todo o día parado por orde das autoridades españolas que impediron que o buque navegara en dirección sur. Luns 18 de novembro do 2002Unha nova mancha de hidrocarburo de 70 millas de longo por 5 de ancho situouse a 75 millas ó oeste de Fisterra en dirección o noroeste. A lingua de hidrocarburo estendese de forma incontrolada deica ó sur da comunidade. Tamén as Illas Cíes poderían verse afectadas por este vertido. 150 membros da Armada, procedentes de Ferrol, e ó menos 50 integrantes da Escola da Mariña sómanse ós labores de recuperación de hidrocarburos, que se centra en Camelle, Caión e Malpica (as zonas que ata o de agora rexistran maior cantidade contaminante). Martes 19 de novembro do 2002As 8.00 h. o petroleiro parte pola metade. Ó mediodía aproa e a popa inician en paralelo o seu descenso ó fondo do mar. O barco segue expulsando fuel. En dúas horas non queda nada na superficie da auga, só un remuíño de escuma e o fuel. Isto provoca que unha nova marea negra ameace Galicia. Mércores 20 de novembro de 2002O temporal empurra unha marea negra que desborda as peores previsións. Conseguiuse a primeira foto por satélite da marea negra. Xoves 21 de novembro de 2002O fuel chegou á costa que comprende o cabo Fisterra e a praia de Louro; pero tamén afectou á baía da coruña, onde unha mancha de chapapote desprazábase a só unha milla da torre de Hércules; e ós arredores ferroláns situados entre os cabos Prioriño e o Prior. Na zona do afundimento aparecen as primeira bolsas de fuel, de poucos quilómetros cadrados, pero de gran densidade, o que indica que proveñen do fondo. Chegan á costa troncos que estaban á deriva o día 13, algún deles puido abrir o buraco no Prestige. Venres 22 de novembro do 2002Un goteo constante de fuel. O Prestige segue soltando combustible que aínda almacena nos seus tanques. Na zona aparecen outras dúas manchas de gran densidade, que proceden da proa do buque das Bahamas. Algunhas manchas superan o cabo Ortegal e ameazan Francia. Refórzase a hipótese de que os troncos arribados ás costas galegas o día anterior abrisen unha vía de auga no petroleiro. 2.3. Danos
ecolóxicos que produciron as mareas negras 2.3.1. Nas costas
2.3.2. Na fauna. ¿A quen afecta?
2.3.3. Illas Atlánticas, ecoloxicamente, espacio único. As Illas Atlánticas (Cíes, Sálvora, Ons e Cortegada) son un espacio único pola súa biodiversidade. Conseguiuse a declaración de parque nacional seis meses antes da catástrofe. Pero a súa biodiversidade está en grave perigo polas mareas negras que asolan Galicia. Estas illas están poboadas por:
3. COMO É O PRESTIGE O Prestige é un petroleiro da clase “Agra Max” (poden transportar entre oitenta mil e cento quince mil toneladas de carga) de casco sinxelo (unha soa capa de aceiro separa a carga do mar). As súas dimensións son: Manga (ancho): trinta e oito metros e medio. Calado (alto): dezaoito con sete metros. Eslora (longo): douscentos corenta e tres metros. O Prestige ten unha capacidade de carga de oitenta e un mil cincocentos oitenta e nove toneladas. Tiña unha ruta dende Riga (Letonia) ata Xibraltar. O buque estaba construído no Xapón, no 1.976, propiedade dun armador grego e cunha tripulación formada por vintecinco filipinos e dous gregos. Tiña bandeira de conveniencia das Bahamas. O petroleiro pasou a última inspección no 1.999 e estaba habilitado ata o 11 de marzo de 2005. 4. CASOS SIMILARES Ó DO PRESTIGE
ALBERTO VILARIÑO TARRÍO, S2B |