Sumario

 

PROBLEMAS MATEMÁTICOS PARA AGUDIZAR A MENTE

 

 

 

A maioría das persoas que odian as matemáticas o fan porque pensan que as matemáticas son o mesmo que a aritmética; pero equivócanse.

         Se che resulta realmente difícil calcular qué diferencia hai entre 83 dividido entre 22 e 35 multiplicado por 7 elevado ó cubo, este artigo é para ti.

         O primeiro que debes saber é que ser xenio matemático non é acertar a toda velocidade un problema na clase senón, non renderse ante un deses problemas ata resolvelo.

         O importante non é gañar senón participar. Xa sabemos que oíches isto moitas veces, e que a ti o que che gusta de verdade é gañar. Tamén sabemos que estás convencido de que o que inventou esta frase gañaba sempre.

         Nos xogos matemáticos é posible gañar sempre se antes enbcontraches un plan lóxico, unha estratexia, que che axude a ser o triunfador. O único problema é que para chegar a este plan, antes tiveches que perder algunha vez.

         Agora vos propoñemos unha serie de problemas para presumir de “xenio matemático” na casa e diante dos teus compañeiros:

1- Vinte pasteleiros tardan vinte minutos en facer 20 pasteis.¿Canto tardarán 10 pasteleiros en facer 10 pasteis?

 

2- Nun cristal hai 7 moscas. Se matas 2 cun só golpe co matamoscas. ¿Cantas quedan?

 

3- Nunha festa de aniversario propóñenche un concurso: Nun saco hai 12 bolas vermellas e 12 brancas. Debes sacar sen mirar 2 bolas dunha mesma cor. Só vale un intento. ¿ Que número mínimo de bolas terás que sacar á vez para ter a seguridade de que hai 2 dunha mesma cor?

4- Se nunha quincena hai 15 moedas de 1 euro, ¿cantas moedas de 2 euros hai nunha quincena?

 

5- Se esto [O] é  un home escoitando por uns cascos; e esto [OO] son dous homes

escoitando por uns cascos. Poderíasnos dicir   ¿que é isto [OOO]?

6- Luísa ten unha colección de arañas dentro dun bote. Chegou a ter 24 pero todas agás 7 morreron. ¿Cantas ten agora

         - Se estes seis problemas che souberon a pouco agora propoñémoste que resolvas este  “MATE-LIO”:

1- Este “MATE-LIO” consiste en relacionar a cada neno co seu parente, e a cada parente co seu nome.

         - Os nomes dos nenos son: María, Rocío, Xaime e Pedro.

         - Os parentes son: un tío, unha sobriña, un primo e unha nai.

         - Os nomes dos parentes son: Macu, Sony, Alex e Isi.

 

- O único que sabemos son estes datos:

1- Macu non é o tío, nin Isi é o primo.

2- Ninguén vai con alguén que teña o nome ou parentesco comece pola mesma letra do seu propio nome.

3- Pedro non vai co tío nin coa sobriña.

4- Xaime non vai nin con Macu nin con Alex.

5- Sony e Isi non son o tío nin se van con Rocío

6- Sony non é nin nai nin primo.

7- Alex non vai con Rocio

 

 

PARA SABER A SOLUCIÓN TERÁS QUE AGARDAR O PRÓXIMO NÚMERO DE INTRES. TES TEMPO PARA PENSAR.

 

Alumn@s de S3D