Sumario

¿PROFESORES?

 

 

 

 

       Hoxe quero falarlles de algo que me ten bastante indignada, xa que penso que os profesores deben ensinarnos a ser respectuosos e educarnos para ser alguén na vida, pero hai algún que deixa moito que desexar.

Non quero dar nomes e por iso só direi que imparte clase en Bacharelato. Tampouco quero meterme onde non me chaman, xa que son unha simple alumna, pero,...¿é normal que a profesora faga cortes de manga? ¿E normal que a profesora berre e diga tacos?

Xa sei que ás veces os alumnos somos insoportables pero é que isto non ten pés nin cabeza. Ademais de non explicar nada e dedicarse soamente a dar apuntes e cando lle preguntas:

-         Profe, ¿vai ben este exercicio?

-         ¡Jo!, non sei,...tería que facelo, (con ton de voz elevado)- resposta ela.

 

Eu de verdade non sei se  rir ou botarme a chorar, xa que vai ser a persoa que me avalíe as próximas avaliacións. Pois haberá que aturar, así son algúns dos profes deste instituto de Melide.

 

 

 

P.D : Quero deixar ben claro que o mesmo que hai profes que son unha vergoña, como a mencionada anteriormente, hai tamén profes neste instituto cos que dá gañas de falar, pero... son poucos.

 

 

 

 

La Petty