|
¿QUE É A CHAMADA
"ÚLCERA DO BURULI"? |
|
|
|
A úlcera do buruli é unha
"nova" enfermidade que produce moi graves lesións no corpo humano -
principalmente nos nenos menores de 15 anos- que poden incluso causar a morte
da persoa que a padece. O seu nome débese á rexión de Uganda na que, en 1958,
observáronse numerosos casos desta enfermidade microbacteriana (da mesma
familia que a lepra e a tuberculose). É un mal recente e descoñecido. A úlcera de Buruli parece transmitirse
principalmente a través da auga. Respecto ós tratamentos contra esta
enfermidade, non se coñece unha forma segura de previla, non responde ós
antibióticos, e, ata hoxe, a única forma eficaz de remediar os seus efectos
consiste na extirpación cirúrxica dos tecidos, transplantes da pel e a
amputación dos membros deteriorados pola bacteria. O cirúrxico é
extremadamente custoso e non poden permitirse pagalo. O período é moi longo e esixe entre
seis e trinta e seis meses de hospitalización. En termos xerais, os focos da
enfermidade sitúanse nas rexións cálidas, países tropicais de América
(Bolivia, México, Perú...), África, Asia(India, Indonesia...) e Oceanía. Aínda que hai algúns casos en países
que non corresponden a estas características, como é Xapón. AS
FASES DA ÚLCERA DO BURULI 1ª
fase: comeza a manifestarse coa aparición dun pequeno gran ou nódulo moi
semellante ó producido pola picadura dun mosquito. Non é doloroso e non parece
revestir gravidade. Basta un bisturí e un médico para extirpalo e eliminar
así a enfermidade. 2ªfase:
ás poucas semanas, o que parecía un granciño inofensivo transfórmase nunha
úlcera que vai devorando a pel ó seu paso. 3ª
fase: a úlcera avanza lixeiramente destruíndo os tecidos do enfermo ata
chegar ó óso e deixalo ó descuberto. A curación nesta fase é moi cara e
complicada: esixe cirurxía e implantes de pel. 4ª
fase: finalmente, a úlcera acaba afectando os ósos do enfermo, que sofren
deformacións. A única solución para evitar que se siga estendendo ó resto do
corpo é a amputación. |