|
¿QUE É UNHA DROGA? |
|
|
|
Droga é calquera substancia que, unha vez introducida no organismo a
través de distintas vías (esnifada, inxectada, fumada ou tragada) ten
capacidade para alterar ou modificar as funcións corporais, as sensacións, o
estado de ánimo ou as percepcións sensoriais (vista, oído, gusto, olfacto).
Existen moitas clases de drogas, algunhas son legais como o alcohol, o tabaco
ou os fármacos, outras son ilegais como o haxix, a cocaína, a heroína...
Todas as drogas teñen un denominador común: ó inxerilas -sexa cal sexa a
forma- pasan ó sangue e, a través del, ó cerebro e a todo o organismo,
provocando os diferentes efectos que as caracterizan: excitar, relaxar ou
distorsionar a realidade. ¿CALES SON OS PERIGOS DE
TOMAR DROGAS? Todas as drogas afectan á saúde das persoas e ó seu desenvolvemento
persoal. Sen embargo, este dato poténciase aínda máis no caso da xuventude,
posto que cada vez que se recorre ás drogas como medio para gozar da vida ou
enfrontarse ás súas esixencias, estase limitando a oportunidade de demostrar
e desenvolver os recursos e as capacidades propias. O consumo de drogas
induce, por outra parte, a comportamentos "descontrolados" que se
levan a cabo baixo os efectos das drogas, conductas, en moitos casos, nas que
non se miden os riscos nin as consecuencias do que se está facendo. Un risco das drogas -quizais o máis
importante- é a súa capacidade de crear dependencia. Todas as drogas presentan
esta característica, aínda que se afirma que algunha non xera dependencia
física (cannabis, alucinóxenos, éxtases) este é un asunto controvertido. No que si hai unanimidade é na
capacidade das drogas para provocar dependencia psicolóxica e emocional. Ademais moitas das drogas que están no
mercado ilegal están con frecuencia sometidas a procesos de adulteración.
Nestes casos, o posible consumidor non sabe que é o que está tomando e, polo
tanto, sitúase ante uns imprevisibles riscos engadidos. O feito de tomar
algunha droga asóciase normalmente a unha determinada actividade como: poder
ligar estando bébedos, bailar postos de éxtases, escoitar música emporrados,
solucionar os conflictos colocándose, saír e divertirse con drogas, etc.
Desta maneira, a maioría das veces de forma inconsciente, vaise fomentando un
hábito de conducta no que a droga vaise incorporando á vida cotiá. Ó cabo dun
tempo xa non se sabe ligar, bailar, solucionar os problemas, saír e
divertirse sen drogas. Aparecen a dependencia psicolóxica e emocional. As típicas frases da xuventude son: -
Non hai problema... eu
colócome na fin de semana. Algúns xoves pensan que limitar o consumo de drogas ou de alcohol a
fin de semana os fai inofensivos, pero non é así. -
A min non me vai pasar
nada... eu controlo. Os xoves que abusan do alcohol pensan que eles nunca serán
alcohólicos porque estes son os que están tirados na rúa, os que abusan de
outras drogas pensan que eles nunca serán drogadictos, porque só son os
ionquis. Todas estas afirmacións
poñen de manifesto a convicción de que se controla, que se transforma, é un
sistema de risco adicional. Sempre cremos que podemos
controlar todas as situacións e, no caso das drogas, esta crenza pode facer
que nos confiemos e perdamos de vista os perigos de algo co que estamos
xogando. Se ben é certo que moitos
dos que consomen drogas non chegan a
ser drogodependentes, non o é menos que os drogodependentes non chegarán a
selo da noite para a mañá, todos eles empezaron primeiro primeiro probando a
ver que pasaba, logo tomando ocasionalmente, despois un pouco máis a miúdo...
ata que, case sen darse conta, foise convertendo nun hábito. Incluso algunhas
persoas enganchadas seguen mantendo que eles cando queiran o poden deixar. |