|
REGRAS PARA SACAR UN DEZ NUN EXAME DE LIBROS DE LECTURA |
|
|
|
Agora que estamos en época de exames de lectura ímosvos dar uns conselliños para aprobar: 1º - Se estades lendo o libro non andedes pensando nas verzas nin no mozo porque despois no exame pasa o que pasa; se non o entendedes imos pór un pequeno exemplo: Imaxinade que estades lendo “Os dous de sempre” e en lugar de prestar atención andades pensando no “rapaz”. De seguro que cando cheguedes ó exame e vos pregunten cal é o medio e locomoción de Rañolas, no sitio de poñer o burro poñeredes “a moto de lle mercaron seus pais no verán por aprobar todo”. 2º- Cando esteades lendo un libro que ten unha película baseada nel non vos fiedes moito porque ás veces, para ser máis comercial, poñen escenas que non existen no libro e ás veces son escenas ... en fin, xa nos entendemos, e logo pasades vergoña diante do profe. 3º- Cando leades o libro non vexades Shin-Chan porque xa sabemos que está moi de moda pero no medio de resumo do libro podedes soltar cousas como “¿gústanche os pementos?, ¿bótaslle cebola á tortilla? Ou cousas peores como ”tes o cu como un pandeiro e as tetas como croquetas”. Ben xente, despois destes consellos damos por feito que sacaredes un 10 no exame e se non é así só se pode deber a dúas cousas: ou non lestes o libro ou é que sodes burros de carai. ROCÍO- 4ºA e ERIKA –3ºB |