Sumario

 

¡¡REPETIMOS...!!

 

 

 

      O pasado mes de decembro puidemos apreciar unha vez máis a gran intelixencia dos seres humanos. Parece mentira que en pleno século XXI sigan pasando este tipo de cousas: Un barco en pésimas condicións transportando un fuel perigosísimo, de xeito ilegal e moi preto das costas galegas.

Agora, dende que o mal está feito, os políticos empezar a interesarse, mellor dito, a facer que se interesan porque dentro duns meses nin se lembrarán. Pero as miles de familias galegas afectadas non se lles vai esquecer esta inxustiza por moitos anos.

E todo isto pasa porque uns delincuentes queren gañar uns cartos extra.

     Poderiamos comprender a falta de medios que temos para afrontar este desastre se nunca tiveramos problemas deste tipo; pero resulta que hai escasamente dez anos que outro petroleiro chamado Mar Exeo, vertera o seu fuel nas costas coruñesas. As causas daquel vertido foran a rotura do casco a causa dunha rocha dificilmente visible que o perforou. Naquel entón, os políticos tamén prometeran moitas cousas pero esa rocha segue alí e os cartos que prometeron aínda non chegaron ós afectados.

O refrán di que “o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra” e ten toda a razón.

Pero dentro da desesperación de que cada vez a humanidade é menos consecuente, aínda queda pensar que hai xente preocupada por axudar sen agardar nada a cambio, tan só queren “AXUDAR”.

Esas persoas que chegan aquí de diferentes partes do mundo, veñen a traballar na limpeza da nosa costa e elas si que merecen ser chamadas PERSOAS. 

     En definitiva, agardo que esta traxedia nos axude a pensar que a vida non son só cartos e, sobre todo, a prender que os cartos non se comen.

 

 

 

Mª Lidia Vázquez Cardeiro