|
SERÁS UN HOME SE... |
|
|
|
A) Se podes levar a cabeza sobre os
ombreiros ben posta cando os outros a perden. (A quen perde a cabeza só lle
quedan as extremidades e as vísceras). B) Se podes confiar en ti cando todos
desconfían de ti. (Neste caso, é a hora de examinar por dentro, tomando en
conta as súas dúbidas). C) Se podes esperar sen que che canse a
espera, ou soportar calumnias sen pagar coa mesma moeda: “Sentareime á porta
da miña casa, e verei pasar o cadáver do meu inimigo”. O tempo resolve sempre
a maioría dos problemas. D) Se es odiado e non odias, sen por iso
considerarte demasiado bo ou demasiado sabio. E) Se podes soñar, sen que os teus soños te
dominen; se podes pensar, sen que os teus pensamentos sexan a túa meta e te arrastren;
se podes enfrontarte con... o Desastre e o Triunfo, e tratar por igual a
ambos farsantes; se podes tolerar que terxiversen a verdade do que
expresaches e a convirtan en trampa para necios; ou ver en ruínas a obra da
túa vida e agcharte e reconstruíla con vellas ferramentas, sen perde-la paz. F) Se podes facer un atadallo con todas as
túas ganancias e guindalas ó capricho do azar, e perdelas e volver comezar
sen que saia dos teus beizos nin un ¡ai! Se podes poñer ó servicio dos teus
fins corazón, entusiasmo e fortales, e resistir, aínda que non che quede
nada, salvo a vontade que che diga ¡adiante! G) Se podes dirixirte á multitude sen
perder a virtude... Se podes encher o implacable minuto cos seus sesenta
segundos de esforzo intrépido... Entón: ¡Túa é a terra con todo o creado! ¡Teu o
espectacular ceo co firmamento enteiro!... ¡Túa a verdade! Teu o Galardón Supremo! M. V. L. |