Sumario

 

¡¡¡TODOS XUNTOS XAMAIS SEREMOS VENCIDOS!!!

 

 

 

Antes de comezar este artigo, temos que deixar claro que a nós a política non nos importa nin nos importou nunca.

 

Estes últimos tempos atopamos con varios carteis pegados polos corredores do centro, carteis que conteñen frases que desprestixian a membros do Partido Popular e do Partido Socialista. É verdade, todas as frases saíron da boca destes políticos, e tamén é verdade que farían mal coas medidas tomadas sobre o asunto do Prestige, pero nós non estamos de acordo en que non aparezan frases pronunciadas por membros do Bloque Nacionalista Galego, como a xa famosa expresión de Xosé Manuel Beiras “se o Presidente do goberno vén a Galicia, vai haber mortes”.

 

A nós non nos importa que poñan esas frases por todos os corredores do centro porque xa as escoitamos, pero, ¿como van pensar os nenos e nenas de 1º e 2º de ESO cando lean esas frases? Polo menos, se as queren poñer, que desprestixien a todos os partidos por igual, para acabar demostrando que todos os políticos son iguais.

 

Pero, claro, recoñecemos que, sendo toda a directiva do centro do Bloque, ¿como van poñer frases para desprestixiar ao Bloque? Por estas razóns pedimos colectivamente a dimisión da directiva do centro, por incompetencia e por intentar influír na nosa educación favorecéndose da catástrofe do Prestige, porque no canto de axudarnos a organizar excursións para limpar as praias, é desprezable que utilicen algo como a CATÁSTROFE do Prestige para influenciarnos a favor do Bloque. Esta non pode ser unha boa directiva e pedímoslles que recapaciten ou simplemente dimitan, dando paso a unha nova directiva ben organizada, con presencia de todos os partidos, tanto homes como mulleres, e de distintos departamentos.

 

NON DEBERIAMOS LOITAR UNS CONTRA OS OUTROS, PORQUE TODOS UNIDOS CONTRA O PRESTIGE XAMAIS SEREMOS VENCIDOS.