UN GRAN RECORDO EN OURENSE
|
|
|
|
¡Ola amigos!, este artigo vai dedicado á persoa á cal lle dedico a
maioría dos meus artigos. O día 19 de febreiro do 2002 fomos de excursión
a Ourense, cousa que para min foi moi especial xa que ía en moi boa compaña. Cando saímos do instituto e subimos ó autobús,
sentei coa miña mellor amiga e detrás de min ía o amor da miña vida con quen
fun falando durante todo o camiño ata chegar a Ourense. Cando chegamos alí
visitamos o complexo arqueolóxico de San Tomé de Velle e despois fomos xa
para o centro de Ourense onde gozamos dun agradable baño nas termas
minero-medidiñais Chavasqueira. Despois deste relaxante baño fomos xantar
cada un pola nosa conta e eu aproveitei para visitar ó meu mellor amigo, Dani
Sulfo, que vive en Ourense. Ó rematar de comer xunteime novamente cos demais
compañeiros de viaxe e fomos dar un longo paseo polo Ourense antigo.
Percorremos a ruta da Esmorga e despois visitamos o Ourense Literario, As
Burgas, a catedral, ... Aquí foi onde o que antes chamei ¡O amor da miña
vida! me regalou unha fermosa flor de camelia a cal tivo un gran significado
para min e pareceume un bonito detalle pola súa parte. Seguimos paseando e
falando e sobra dicir que non soltei nin un só intre AQUELA FERMOSA FLOR pero
cando nos sentamos para tomar algo eu pouseina enriba da mesa xa que nunha
man tiña a bebida e na outra un cigarro. De seguido contareivos algo que me fixo poñer
moi triste. O caso foi que marchamos daquel garito e cando xa estabamos na
outra punta de Ourense acordeime de que deixara a miña flor alí e a pesares
de que estabamos bastante afastadas daquel lugar volvín a mirar se estaba alí
pero por desgracia naquela mesa xa non había nada, nin tan sequera os restos
do meu cigarro e iso fixo que o meu rostro se puxera triste parar todo o
tempo que botamos en Ourense. Isto pareceravos unha bobada enorme pero para
min foi algo inesquecible. Sei que era unha pequena cousa, tan só unha
pequena flor pero para min tiña a maior importancia do mundo xa que ma dera
EL. Cando subimos ó autobús eran xa as 9 máis o menos e pasadas as 11 chegamos a Melide. El, ese que durante todos eses meses me deu tanto amor, despediuse de min dándome unha suave caricia na miña face coa súa bonita man, cousa que aínda hoxe lembro con gran ledicia. ¡Irati Eromena! |