Sumario

 

UNHA RECOMENDACIÓN PARA LER

 

 

 

 

Na clase de P.D.C. de 3º ESO lemos neste trimestre un libro titulado Mecanoscrito da segunda orixe, do autor catalán, xa falecido, Manuel de Pedrolo, e publicado pola Editorial Galaxia. Agora imos contar de maneira resumida de qué trata .

Alba e Dídac son dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que se produce na vila de Benaura. Os dous protagonistas marchan de Benaura, e quedan a vivir na fraga. Un día no que foron buscar cogomelos, viron uns aparatos que voaban moi a modiño polo ceo. ¡Eran pratos voadores! Marcharon para a casa sen facer ruído, por medo de que estivesen espiando, e desde aquel día viviron durante un tempo temendo que os extraterrestres, que eran os culpables da catástrofe, os descubrisen.

Máis adiante, decidiron instalarse en Barcelona. Cando chegaron alí, viron que a paisaxe perdera todos os seus edificios altos, mentres que se conservaban outros máis humildes. Foron a todas as bibliotecas que había e colleron todos os libros que sobreviviran á catástrofe, xa que algúns estaban desfeitos.

Un día Alba e Dídac foron ao porto buscar un iate para intentar facer unha viaxe polo Mediterráneo e comprobar se había máis superviventes. Na viaxe, Alba fotografaba todos os monumentos que encontraba e tamén collía pequenos botíns. Un día chegaron a unha praia e viron a uns homes que intentaron matar a Dídac, pero antes de que o matasen, Alba disparoulles.

De alí a un tempo, Alba quedou embarazada. Por iso decidiu estudiar Xinecoloxía e Obstetricia, para estar preparada no momento do parto. Dídac tamén decidiu estudiar porque sería el quen lle axudaría a traer ao mundo o neno.

Ao cabo duns meses, cando o neno nace, Dídac sae buscar libros de electricidade, pero tarda moito e Alba vai en busca del. Alba encontra o coche, pero Dídac non estaba dentro; segue camiñando e ve un corpo que estaba soterrado cunha morea de pedras, achegouse e comprobou que era Dídac, que morrera porque lle caera enriba del un teito duns baixos.

Alba mirou ao seu fillo e desexou que fose precoz como o seu pai porque aínda podería ter uns cantos fillos do seu propio fillo.

¿Alba é a nai da Humanidade?

 

Este é, de xeito resumido, o argumento deste fermoso libro. Nós pensamos que é un libro francamente interesante, porque trata de persoas humanas que sobreviven a unha catástrofe e porque nos acaba ensinando cómo debemos enfrontarnos ao noso mundo para construír un mundo novo.

 

Alumnado do PDC de 3º.