Sumario

 

UN  NAUFRAGIO DE "PRESTIGE"

 

 

 

 

CRONOLOXÍA DO “PRESTIGE”:

 

13 de Novembro. 15:50 horas. Unha chamada de auxilio por parte do petroleiro “Prestige”, que se dirixía a Xibraltar, chega ó centro de Salvamento Marítimo. Este petroleiro, situado a 27 millas ó oeste de Fisterra, presenta unha brecha de 27 graos, causada polo temporal, que lle fai perder á tripulación o control sobre o buque. Máis tarde, tres remolcadores chegan á zona onde se atopaba o “Prestige” para afastalo das costas galegas.

14 de Novembro. 00:00 horas. O buque continúa á deriva, e vaise achegando ó cabo Touriñán; ó que se acabará acercando máis ás 09:00, estando tan só a 4,6 millas del. Este mesmo día, comézase a observar unha mancha de fuel oíl considerable, de 20 millas de longo e cerca dos 200 metros de ancho. Os remolcadores conseguen levar o petroleiro mar dentro.

15 de Novembro. O buque conta xa con unha brecha de 35 metros aproximadamente. Son instaladas barreiras anticontaminantes, e o petroleiro é arrastrado a 120 quilómetros do cabo Vilán.

16 de Novembro. Comezan a aparecer as consecuencias da catástrofe coas primeiras aparicións de aves manchadas de fuel, nas ourelas das praias. Centos de persoas loitan contra a Marea Negra na Costa da Morte.

17 de Novembro. Rompe outro tanque do buque que contén máis fuel. A Marea Negra xa alcanza os 200 quilómetros.

18 de Novembro. A Marea Negra ameaza as rías. O percebe é a especie máis afectada. O petroleiro atópase na área marítima de responsabilidade portuguesa, a 189 quilómetros de Fisterra, co perigo de que se parta en dous. Comezan os labores de limpeza nas praias de Malpica, Camelle e Caión, e un barco francés disponse a extraer fuel en Corrubedo. Prohíbese a pesca en case toda a costa galega.

19 de Novembro. 08:00 horas. O buque parte en dous a 130 millas de Fisterra. Os golpes do mar e a fraxilidade do casco no centro provocaron a fractura, polo tanto, proa e popa emerxen; fundíndose primeiro a ponte de mando, e despois a proa. En total e de momento, 19.000 toneladas de fuel foron vertidas polo “Prestige” e 58.000 permanecen almacenadas nos tanques do petroleiro, co perigo de que estes estoupen, e o vertido suba a flote. Unha mancha de 37 quilómetros podería chegar ás costas galegas en menos de dous días.

 

CRONOLOXÍA HISTÓRICA:

 

1970. O buque “Polycommader” afunde entre Vigo e Baiona con 35.000 toneladas de cru enriba.

1970. (Meses máis tarde) O “Durtmond” e o “Erkowitz” chocan á altura do cabo Vilán, vertendo 18 toneladas de insecticida.

1976. O “Urquiola” arde na enseada de A Coruña con 100.000 ton. de cru.

1987. O “Casón” encala nos acantilados de Fisterra, vertendo productos tóxicos.

1992. O “Mar Exeo” embarranca en A Coruña e verte 60.000 toneladas de petróleo.

2002. O “Prestige” pártese en dous a 130 millas de Fisterra, vertendo 19.000 toneladas de fuel (dato coñecido a día de hoxe), con perigo de outras 58.000 toneladas que se atopan emerxidas nos tanques; despois de facer un largo recorrido por toda a costa galega, convertendo a mancha negra en Marea Negra.

 

Unha catástrofe marítima volve castigar a Galicia. Cormoráns, gaivotas, infinidade de peixes, etc. saen a flote vestidos de negro, augas ennegrecidas, contaminación... a Marea Negra. Ata o mar se viste de loito, ante semellante acontecemento, para acompañar ás miles de persoas que se sentan de brazos cruzados diante de tan “desprestixiada” catástrofe, coas mans orfas e cheos de impotencia na alma e nos corazóns. Quizais sexa culpa da fatalidade, o esquezo, a incompetencia, etc. as que seguen a maltratar á “Fin do Mundo”, Fisterra (Finisterra). ¿Como podemos salvar Galicia?, ¿Quen debería salvala?. A traxedia sempre volve, e sempre nos atopa desprevidos. ¿Somos abandonados polos gobernantes?, ¿Cantos días navegou erraticamente o petroleiro?. É imposible nomear todos os danos orixinados por esta traxedia marítima: pescadores, marisqueiros, animais, praias, costas, augas, galegos en xeral, etc. en fin, gran parte do patrimonio de Galicia. Sempre nos preguntaremos: ¿Puido evitarse?, pero agora estamos a preguntarnos: ¿Foi correcta a forma de tratar a catástrofe?. Conclusión: “Non é precisamente prestixio o que teñen algúns petroleiros”.O “Prestige” afundiu, e con el o sentimento galego, pero o medo dos galegos, segue e seguirá a flote.

Hoxe, 6 de Decembro, dez mil persoas de toda España, saen ó mar das costas galegas co obxectivo de pasar esta pequena ponte limpando as praias mentres manchan as mans. E a nós, á maioría dos galegos do interior, cáensenos as bágoas, vendo como toda esa xente de fóra chega a Galicia para  axudarnos a limpar a “merda dos políticos”, que a día de hoxe, non fixeron máis que agravar a situación da catástrofe, acercándose a sacar unha foto “contaminada” para levantar así a furia dos que, polo contrario, si estaban a traballar.

“6 de Decembro. Non sabemos especificar se é o “Prestige” ou a corrupción política, a que segue a verter fuel oíl do seu interior, contaminando o corazón dos galegos.”

EU