INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
A LOITA ENTRE O BULLDOG E O CANICHE
 
 

Este ano prometinme a min mesma que non ía falar da guerra, pero sinto que é necesario facer unha crítica da mesma. En primeiro lugar, eu poñería a Bush na pel dun bulldog de pura raza, agresivo como os da súa raza e testudo ata a morte. A Sadam vaille máis caniche, rico e avaro, de aparencia inofensiva pero que agacha algo. Agora comezo a miña crítica. Estes dous cans de razas diferentes entran en discordias que pouco a pouco van aumentando en tensión. O bulldog quere sobre todas as cousas asoballar ó caniche custe o que custe, non acepta baixo ningún concepto o alto rango do caniche e quere ocupar o seu lugar. Por outro lado, o pequeno caniche non acepta esa arrogancia e pensa defenderse del ou antes alcanzar a morte. Estes cans intentan arranxar as discordias polas boas, pero, como os dous queren estar por encima do outro, a loita estala. O bulldog busca reforzos dos seus "amigos" e algúns deciden non saber nada, pero o pequeno can ibérico e mais o inglés aceptan a oferta do bulldog. Mentres tanto, o caniche está no seu país dándolle ó tarabelo. Logo o can ibérico decide converterse nun San Bernardo, mentres o inglés, nun forte dóberman. Os tres amigos deciden facerlle unha visita ó caniche, pero no seu territorio non hai rastro del, porque decidiu xogar ás agachadas. Entón os cans enfadados empezan a morder e crean moito sangue, e cando chegan á casa do caniche mórdena toda e deixan ós cans da súa raza quitarlles as súas pertenzas. Dende ese día, os cans xogan ás cartas e ás agachadas todos os días.

Ana Belén Villamor Bande
1º Bac-B

 

Inicio

Oferta Educativa