| |
A británica Alison Lapper naceu en 1965 sen brazos e coas
pernas máis cortas do normal e deformadas. Ás seis
semanas foi separada da súa nai e ingresada nunha residencia,
mestura de hospital, colexio e orfanato con outros dous centos nenos
con discapacidades. Saíu deste centro recén cumpridos
os 17 anos.
Recorda que os coidadores tiñan a obsesionen que os nenos
fosen todo o "normais" que puidesen selo, non entendían
que ser normal é sentirse a gusto con un mesmo. A ela puxéronlle
unhas próteses nas pernas coas que nunca se sentiu cómoda
e das que se desfixo ós 23 anos. Segundo afirmación
feitas por ela, a súa infancia foi desastrosa, mentres que
agora é moi feliz; isto débello a súa arte
e ó seu fillo.
Ela vive gracias ás súas fotografías, que prepara
nun estudio con axuda, e pinturas, que realiza co pé. No
seu traballo desafía os estándares de beleza con retratos
nos que posa núa, soa ou co seu fillo.
Obtivo a "Orde Civil" do Imperio Británico o 8
de marzo de 2003 recibiu un dos premios Isabel Ferrer, un galardón
que a Generalitat Valenciana entrega o día da muller traballadora.
En Valencia Lapper asistiu ó Congreso sobre Muller e Discapacidade,
celebrado o mesmo día que a entrega dos premios Ferrer.
Atribúe ó seu fillo Parys, de 3 anos, o maior motivo
da súa felicidade. Di: "Se esperas o momento adecuado
para ser nai, nunca chega. Afortunadamente os accidentes existen,
o pai desapareceu, optou por desentenderse."
Aprendeu a manexarse co crío axudada sempre por unha asistente,
deulle de mamar ata os 10 meses. Á falta de brazos e coa
mobilidade reducida, collía a roupa coa boca e axudábase
cos ombros. Á hora de crialo tampouco foron un problema as
dificultades para correr e andar; se o neno está en perigo,
levanta á voz para previrlle. O neno sabe cando non e cando
si, cando debe facer unha cousa ou outra. Quizás os problemas
cheguen cando o neno sexa consciente das limitacións da súa
nai. Lapper é consciente dos comentarios crueis ós
que terá que facer fronte Parys.
A muller afirma que os prexuízos son o problema de quen os
ten, non dela. Mais sinte a cerca dos servicios sociais ingleses
que "están o asexo por se cometo algún erro e
poden levarse ó neno, xa que son nai solteira e discapacitada;
pero teño o mesmo dereito de ser nai que calquera outra muller"
-afirma- xa que o demostrou durante os tres últimos anos.
Lapper non mantén relación coa súa nai, nin
coa súa irmá: "Cando non hai lazos dende a infancia,
é imposible que existan despois" -explica. O contrario
pasa co seu fillo: "Parys é todo para min" -declara
moi contenta.
Maris. 1º BAC-C
Fonte: xornal El País, venres 28 de febreiro e internet.
|
|