| |
Xa hai moitos anos que nunha vila non moi afastada a nós
aconteceu o que vos vou contar.
Chegou unha vella á vila da que dicían todos que era
unha meiga. Por tódolos recantos se escoitaba latricar dela:
¡a meiga está tola!, ¡non fales mal da meiga
que te pode maldicir!, ¡a meiga ten un pauto co demo!, ¡que
marche a condenada!,...
Segundo dicían viñera unha feiticeira. Vivía
nunha casucha vella da Fontela e ninguén se atrevía
a ir por alí dende que se asentou. Aseguraban que viñera
de África. A súa fisionomía era horrorosa,
tiña a pel moura, pequena de estatura, grosa e os dentes
raros. Vestía con teas raras, levaba un pano na cabeza e
non soía saír da súa casa. Non lle coñecín
o nome, aínda que logo lle idearon un alcume.: "A Pitonisa
da Fontela".
A xente falaba moi mal dela. Cando pasaba calquera desfeita, ela
era a causante. Se collían a peste os legumes dicían:
"Xa volveu chimpar outro meigallo a malvada esa".
Isto propiciou que un día ó escurecer se reunisen
case todos os da vila para destruír á meiga. Viñan
con machados, coitelos e algúns, ata traían rifres.
Agochábanse ó carón da porta, como de costume,
os máis valentes, derrubárona e sacaron á meiga
para fóra. Ela saíu mirando ó chan, calada.
Era unha persoa corrente coma calquera outra, ata non se atopaba
cuberta de teas. Axiña se decataron de que agora non era
meiga nin nada semellante. Ó día seguinte, ela xa
non estaba alí. Procedía dunha cidade achegada á
vila, seica viñera para ter intimidade. A Pitonisa avergoñáballe
amosar a súa cara, abofé que daba escrúpulo
vela.
Xa vedes o que argalla algunha xente.
TANIA PARDO SOUTO- 1º ESO-D
|
|