| |
Non podo crer que a xente coma o señor Aznar, coa idade
que ten, vexa lóxico que se leve a cabo unha guerra; ata
un neno de 5 anos alzaría a súa voz dicindo: -¡¡¡NON
Á GUERRA!!!
Un día, un compañeiro meu díxome que Aznar
uníase a Bush porque se non Estados Unidos atacarían
España. Referente á súa opinión, non
estou de acordo. Non creo que ocorrese iso, e,se así fose,
non levariamos as de perder, xa que algún país, como
Rusia, Francia,... "saltaría", está claro
que algún país nos ía axudar.
A miña forma de velo é a seguinte, uniuse a EEUU porque
Aznar é un lambecús. Non está a desempeñar
o seu cargo como é debido. Eu pregúntome o que significa
para el ser o presidente do goberno. El é o presidente de
España, e ten que representar a maioría dos españois,
e esa maioría non fai máis ca dicir NON Á GUERRA.
El está a representar a catro pelagatos que van detrás
dun Presidente do Goberno que, ó meu parecer, non ten sentimentos.
Hai xente que pensa que imos gañar, pero iso está
por ver. Isto é unha vinganza que vén dende hai 12
anos, tras a guerra do Golfo Pérsico, na que EEUU perdeu,
é unha vinganza que a leva a cabo Bush en nome do seu pai.
Imos supoñer que gañaramos, ¿e que? o único
bo é que non chegue ata España, pero despois ten todo
malo. Vai morrer todo Iraq. ¡¡¡VICTORIA!!!, cantará
Bush, Aznar e demais escoria que di que si á guerra. Pero
morreu xente inocente, tanto en Iraq coma en EEUU, co de xente inocente
refírome a que morreu xente que non quería que houbese
guerra. Pero á "escoria" iso non lle importa, vingáronse
e iso é o que vale para eles.
¡¡¡EXTRA!!! Aznar subiu un chanzo máis
na súa "merda" devida profesional, pasou de ser
o Presidente do Goberno a ser "o presidente do cu de Bush".
Parabén, pero segue a ser unha merda, que só pensa
en cousas materiais e non en cousas que son boas para todos os españois.
El non se para a pensar que haberá rapaces que queden sen
pais, sen a súa familia, a xente quedará sen casas,...
pero, ¿que lles importa a eles?, eles non van coller ningunha
arma e loitar, defender o seu país. ¡Por favor! Eles
que se queden nas súas anaco mansións, que o resto
fará o traballo sucio. Total, a xente que intentará
sobrevivir é a que non quere a guerra, e os que a apoiaron
seguirano todo dende a TV e o lugar só o saben eles.
Quen ten que ir á Guerra é a xente que a apoia, ¿por
que ten que ir xente obrigada?, ¿por que ten que morrer xente
que non está de acordo con esta barbarie?... A xente do Goberno
moito fala, pero ó do bigote non o vexo ensuciando as mans,
xa non limpou o chapapote como para que faga agora algo.
Pídovos que abrades os ollos, si, vós, esa xente que
votastes o PP ou xente que coñezades, facédelle ver
que con este Goberno imos de "puto cu". Tedes moitísimos
argumentos coherentes para facerlles ver que non deben votar ó
PP, e que cambiou de nome, non é Partido Popular, senón
Partido Privado.
A min a política en si paréceme unha auténtica
bazofia, e o meu voto non o vou deixar en branco, porque en Melide,
por desgracia, sempre gañará o PP (¡oxalá
que me estea equivocando!), gustaríame non participar nesta
merda, pero as mulleres dos nosos antepasados loitaron porque as
mulleres puidesemos votar, e non quero insultar o seu traballo,
a súa loita. Votade o que vexades, cada un é libre,
pero o PP... ben, alá cada un.
¿Cando serán portada en todos os xornais e noticia
importantísima na TV estas frases: "Non haberá
Guerra", "A vinganza está morta", "Por
fin ponse en práctica a palabra xustiza"? Co subtítulo:
Xustiza, palabra que existe nos diccionarios pero que nunca se levou
a cabo, pois hoxe a xustiza é esmagada pola vinganza.
Pero como non se pode vivir de ilusións... volvo á
crúa e dura realidade e dígovos... ¡¡¡NON
Á GUERRA!!!
Yolanda L.G
|
|