INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
A POESÍA NA GUERRA
 
 

SEMPRE É GUERRA

Cando me levanto escoito "guerra"
Cando almorzo encendo a tele e "guerra"
Cando vou no coche e encendo a radio, escoito a palabra "guerra",
Cando como e encendo a tele, sempre escoito "guerra",
Cando vou para a cama escoito "guerra"
e nunca escoito ¡Liberdade! nin ¡Paz!

Raúl M. López Souto (2º ESO)
-----------------------

A guerra
acaba coa terra,
o guerreador é un destructor
¡Con Sadam
nunca acabarán!

Carlos Mato Couso (2º ESO)

------------------------
O moito sangue e o sufrimento
do pobo iraquí
deberíase solucionar antes no Parlamento.
¡Imaxinádevos que a guerra fose aquí!

Non se pode culpar ós inocentes,
carecendo de probas e resultados concluíntes.
Non hai que guerrear,
O mellor entón é cantar.
¡Bush quere o petróleo gratis para o seu abastecemento,
pero por eso non pode matar nin causar sufrimento!

As sirenas de Iraq non paran de soar
¡alguén as terá que facer parar !
Nesta guerra morrerán inocentes,
pero a Bush hanlle quedar cousas pendentes.

Sadam e Bush igual de tiranos
esta guerra traerá problemas ben anos,
tantas protestas e manifestacións
non lles pararán os pés ás intervencións.

¿Quen terá a razón, Bush e os outros presidentes
ou os cidadáns de Iraq máis inocentes?
Javier Mouriño López (2º ESO)


Esta é unha guerra,
unha guerra manipulada.
Bush, Aznar, Blair:
¡Se o que queredes é petróleo,
vídeo buscar ás costas galegas!
¿Por que matar inocentes?
Nenos, mulleres, homes,
non vos teñen a culpa.
Son pobres, non teñen nada,
moitos deles están en ruínas,
outros en refuxios.
¡Quen sabe!
Ó mellor non teñen comida
Nin para dous días.
¡Esta é unha guerra
que non se sabe cando acabará!
¿Non poden vivir sen petróleo?

Silvia Núñez Taboada (2º ESO)
-----------------------------------------------
Morre moita xente
e moitos pasan fame,
os nenos choran
porque non teñen que comer.

Os avións derrúbanse
entre eles, porque son tan tontos
que por petróleo
fan moitos mortos.

A prensa informa e a xente pensa,
a tele comunica
e case ningún medio
pon o que nos interesa.

Porque non poñen a xente
que son os protagonistas,
porque son os que sofren
a verdadeira conquista.

Celia Parrado Rodríguez (2º ESO)

----------------------------------

A guerra:
Inútil propósito de riqueza,
Pero un mundo así
Non medra.

Corren regos de sangue,
¡mortes por diante,
espanto, terror!,
o medo medra no interior.
Despois, os bombardeos
Enxordecennos, métennos medo,
¡choros de nenos!

Corren regos de sangue
Pola terra endiante.

E os políticos:
Máis poder e poder,
Mentres pobres intentan correr
Fóra da guerra, utilizar mente e pés.

Remata a guerra:
Políticos que anden.
¡Os pobres morren de fame!

Na guerra non hai gañadores,
¡só perdedores!

Brétema Parras Vázquez (2º ESO)

Hai moita xente inocente
que vive con medo, terror
morre por non poder comer
¡Pobre xente! Nós podemos
vivir nesa situación.

Noelia Ramos (2º ESO)

¿POR QUE A GUERRA?

¿Por que comportarse desta maneira?
¿Por que solucionar as cousas así?
¿Por que ser malos?
¿Por que facer sufrir?
¿Por que...?
¿Que solucionamos con isto?
¡A GUERRA!
¿Por que non ter un mundo con paz?
¿Por que non ter un mundo con igualdade?
¿POR QUE DICIR QUE NON A UN MUNDO MELLOR?

Sonia R. (2º ESO)
A guerra é un conflicto,
no que o mundo dá un paso atrás,
no que uns criminais de guerra,
matan inocentes sen cesar.
¡Que bonito sería a paz!
¡Que bonito sería ver un Iraq sen bombas, misiles...!
¡Que bonito sería ver caras sorrintes!
Pero non, non pode ser,
só importa o diñeiro,
non as mortes de inocentes,
non a destrucción de miles de familias.
¡Non á guerra!
Laura Rodríguez (2º ESO)

POR...
Por petróleo morren
mulleres, nenos e homes.
Por diñeiro cámbiase
petróleo por sangue.
Por poder e egoísmo
morre xente nun abismo
nun abismo de guerra
por un cacho de terra.

Roberto Rúa Castro (2º ESO)

¡A POR PETRÓLEO A IRAQ!

Cando case ninguén quería a guerra
tan só uns poucos xefes de estado,
tres homes moi despiadados
o ataque rápido comezaron.

Poñendo a posesión de armas prohibidas como escusa,
os tres malvados: Bush, Blair e Aznar
comezaron rapidamente a bombardear
a un pobo que xa tiña moito que aguantar.

Mais, por moitas escusas que poñan,
a nós non nos van enganar
porque todos sabemos que os tres
só petróleo van buscar.

Marcos Sánchez Carricoba (2º ESO)

OS MEUS PENSAMENTOS

Hoxe eu pensando
quedeime mirando
e parecendo que durmía
pensei na xente que en Iraq vivía.
Dicindo para min mesmo
¿de que me queixo todo o tempo
se non hai guerra no meu país nin paso fame?
¿por qué ando todo o día a queixarme?
Pensando e pensando
durmido me quedei
sen entender o que os maiores pensan
cando din que a guerra está ben.
Ó día seguinte cando espertei
vestinme, saín a fora e mirando me quedei.
Volvín pensar no mesmo
e cara ó ceo mirei.
Estaba claro coma no verán
e volvín pensar
¿Como estará o ceo en Iraq?
Oxalá estea como aquí, que parece verán.

Daniel Suárez Carreira (2º ESO)

PENSAMENTOS DUN NENO IRAQUÍ
¿Por que unha guerra ?
¡Nós non fixemos nada para merecer isto!
Eu non sabía o que se sentía nunha guerra,
agora seino: odio, tristeza, dor, medo.
Odio contra o inimigo americano,
Tristeza, por todos os que morren no frente
dor no corazón
medo das bombas.
Alberte Vilariño Tarrío (2ºESO)


 

 

Inicio

Oferta Educativa