| |
OS ANUNCIOS PROVOCATIVOS
¿Para que sirve a publicidade? A publicidade serve para
vender e, como todo o mundo sabe, vende máis unha persoa
con boa presencia que un esfarrapado.
Existen moitos tipos de anuncios diferentes, pero na maioría
deles úsase a imaxe da muller atractiva e provocativa para
incentivar a certa xente para que compre os productos. As imaxes
provocativas de mulleres e homes serven tanto para o xénero
masculino coma para o feminino; ben sexa porque fan pensar ós
que ven o anuncio que se van parecer ás persoas que fan a
publicidade; ou ben porque os protagonistas provocan a atracción
entre os que os ven, e compran o producto quizais para velos na
caixa....
Está claro que van vender máis eses productos, pero
iso non quere dicir que sexan mellores, ou que os que o merquen
se vaian parecer os protagonistas do anuncio.
Isto que dicimos vese apoiado polos anuncios que ilustran este artigo,
anuncios de perfumes nos que se ven a mulleres e homes moi atractivos,
algúns en posicións provocativas.
Este tipo de anuncios tamén se utilizan en cosméticos,
bebidas, alimentos que axudan a estética... etc.
Na televisión tamén se ve o gran número de
anuncios protagonizados por persoas guapas e provocativas.
Exemplos destes anuncios son os refrescos como o de Coca-Cola, co
seu famoso traballador sedento e as empresarias apampadas e babexantes,
ou o anuncio de Guaraná coa brasileira celebrando o seu magnífico
gol. Outros anuncios deste tipo son os de AXE, tanto o de xel de
baño coma o de desodorizante. Nestes anuncios fáiselle
entender ó que os ve que, ó usar o producto, seducirá
a todas as mulleres guapas da cidade. Outros anuncios son os de
iogures como o Vitalinea, no que soen aparecer personaxes famosos,
dos cales non se pode dicir que sexan feos, como Cindy Crawford
ou Pierce Brosnan.
Os anuncios de cosméticos ou xampús tampouco se quedan
curtos no tema. Os anuncios de xampús están feitos
dependendo do uso do dito xampú; por exemplo, unha rapaza
non liga por ter malo o pelo por culpa do xampú, ou a outra
non lle deixa ben a súa delicada pel.
Nos de cosméticos abundan as xovenciñas con cara de
porcelana e a súa mirada provocativa.
Está claro que, sexan en Televisión ou en revistas,
os anuncios de moda son os PROVOCATIVOS.
Jorge Frade, Samuel Garabal, Javier García, Javier Gómez-S3D
Rubén López-S3E
|
|