INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
AS ESTACIÓNS
 
 

Hoxe é doce de maio do dezaseis mil corenta e tres e medio, decimo sexta centuria da era das galaxias, e aquí, no planeta Vixilio VI, estamos conmemorando os Xogos Cantimplóricos que se celebran cada estación. A mestra, dona Ataúlfa, mandounos escribir unha historia que a min paréceme unha burrada, pero hai que facela.

Primavera

O que máis me gusta da primavera é ver como os "golfiños" collen as súas motos e se poñen a atropelar lindas bolboretas que voan docemente. En concreto teño un recordo de cando vivía na Terra; estaba un día nun campo de papoulas negras cando vin un "golfiño" na súa moto cunha bolboreta estampada no seu casco e unha multa no parabrisas.

¡¡¡Ai, que tempos aqueles...!!!

Verán

O verán gústame pola caloriña, as mulleres destápanse e esas cousas; pero o que máis odio son os "golfiños" psicópatas en moto que non fan máis que matar inocentes bolboretas e recibir multas. Lémbrome dunha vez que estaba na praia que hai en Cabeza de Manzaneda e, mentres ollaba como unha troita lle daba unha malleira a un tiburón branco de quince metros e tres cuartos, vin o mesmo "golfiño" coa mesma bolboreta e a mesma multa.

¡¡¡Ai, que tempos aqueles...!!!

Outono

Gústame ver como as árbores secas caen das follas, o que non me gusta é ter que vir ó instituto e aturar os mestres. Estame vindo á cabeza cando un mestre nos estaba ensinando as súas bolboretas á beira dunhas árbores xa murchas que caían das súas follas cando de súpeto apareceu o mesmo "golfiño" en moto que eu vira na primavera e no verán, e levou as bolboretas do mestre no seu casco.

¡¡¡Ai, que tempos aqueles!!!

Inverno

¡Ai o inverno, tan fermoso e tan horroroso!, fermoso porque as árbores arden por culpa da choiva e tamén porque os ríos conxélanse por culpa da calor, e horroroso porque os "golfiños" póñenlles esquís ás súas motos e seguen atropelando bolboretas. Recordo que unha vez estando eu cuns compañeiros patinando no Océano Pacífico que se conxelara por culpa da calor, vimos o mesmo "golfiño" que no verán, a primavera e o outono pasar por diante nosa na súa moto coa mesma bolboreta no casco e a mesma multa no parabrisas.

¡¡¡Ai, que tempos aqueles...!!!

Ben, despido esta historia asegurando que foi real e tamén dicindo:
¡¡¡Ai, que tempos aqueles... nos que os "golfiños" multados podían ir atropelando bolboretas sen que ninguén lles dixese nada!!!

Mario Pazos Bendoiro
PDC-4º

 

Inicio

Oferta Educativa