|
CRONOBIOGRAFÍA
1935 - O día 6 de abril nace na aldea de Taramancos, parroquia
de Boa en Noia (A Coruña) Antón Avilés Vinagre,
nunha familia de labregos e mariñeiros.
1935-52 - Transcorre a nenez en Taramancos vivindo coa nai -Lela-
e a avoa -Pepa da Pastora- mentres o pai anda embarcado. Estudia
na Escola de Boa e logo prepara o Bacharelato en Noia.
1951 - En agosto, publica o poema "Saloucos dun emigrante"
na revista noiesa "Tapal".
1952 - Logra unha mención honorífica no premio de
poesía en galego do Casino de Noia polos poemas "Antón
de Noia" e "Cadarso". Coñece a Otero Pedrayo,
quen lle gaba a obra.
1953 - Trasládase á Coruña para estudiar Náutica,
aínda que non chega a completar os seus estudios. Sen embargo,
descobre a súa vocación de escritor. Fai amigos entre
os intelectuais vangardistas e galeguistas: Urbano Lugrís,
Xohán Casal, Raimundo Patiño.
1954 - En febreiro pronuncia a súa primeira conferencia
en público, sobre a poesía de Rabindranath Tagore,
e participa no chamado Xuramento da Laracha polo que se comprometeu
na defensa dunha "Galiza ceibe e popular", identificándose
ideoloxicamente co galeguismo de esquerdas.
1955 - Publica As moradías do vento, o seu primeiro poemario
na publicación ferrolá "Atlántica"
1958 - Sae do prelo o seu primeiro libro de poesía: "A
frauta i o garamelo"
1959 - Sae do prelo o seu primeiro libro de poesía: "A
frauta i o garamelo", en edición custeada polos amigos.
Recibe unha carta de Otero Pedrayo de felicitación polo libro.
No mesmo ano publícase o seu libro "Pequeno Canto",
accésit no certame da colección Brais Pinto.En xuño
participa na montaxe teatral da obra "O incerto señor
don Hamlet", do mindoniense Álvaro Cunqueiro.
1961 - Escribe os Poemas soltos a Maricarme Pereira no verán.
Emigra a Colombia contra fin de ano, trátase dunha fuxida
por exilio político, necesidade económica e na busca
de novos horizontes.
1962-Traballo na embaixada de Brasil. Alí coñece
a que sería a súa muller Ana Sofía Baquero
Céspedes.
1963 - Escribe a primeira entrega dos seus Poemas da ausencia.
1967 - Nacemento do seu primeiro fillo, Santiago.
1969 - Nacemento do seu segundo fillo, Luís. Escribe a segunda
entrega dos Poemas da ausencia
1971 - Nace o seu terceiro fillo, Guillermo.
1974 - O 14 de agosto publica o Pranto por Urbano Lugrís
no xornal La voz de Galicia
1962-1980 - Pasou case dúas décadas en América
exercendo de labrador, contrabandista, cazador, traficante de cabezas
reducidas, churreiro, afiador e mesmo guerrilleiro, segundo el mesmo
afirmou. En Colombia funda a "Embaixada de Galiza en Bogotá",
xunto co escultor compostelán Xesús Picón.
Neste tempo publica poemas de xeito illado.
1980 - Regresa a Galicia. Trata de montar unha librería
en Compostela e, finalmente, traballará como taberneiro en
Noia unha longa tempada.
1982 - Publica O tempo no espello, onde recompila toda a obra poética
anterior.
1985 - Sae do prelo "Cantos caucanos", homenaxe poética
ás terras colombianas e mostra da saudade inversa. Por esta
obra recibiu o Premio da Crítica española ó
chegar a finalista do Premio Nacional.
1986 - Preside a Asociación de Escritores en Lingua Galega
(AELG).
1987 - Como responsable de Cultura no Concello de Noia polo BNG,
abre na vila a Casa da Cultura, impulsa o Museo de Santa María
a Nova e o Conservatorio de Música, e inicio as negociacións
que culminarían coa adquisición e remodelación
do Teatro Noela.
1989 - Edítanse "As torres no ar", o seu único
libro de narrativa, e "Nova crónica das Indias".
1992 - Morre na Coruña o 22 de marzo de 1992, víctima
dunha grave doenza. Ese mesmo ano saen do prelo como obras póstumas
"Antoloxía poética" e o poemario de despedida
"Última fuxida a Harar", que obtén o Premio
da Crítica Galega. Tamén se recompilación ensaios,
artigos e conferencias da súa autoría no libro "Obra
viva".
2002- A Rela Academia Galega acorda dedicarlle o Día das
Letras Galegas.
2003 - Toda Galicia lle rende homenaxe con publicacións,
congresos e coa grande difusión pública dunha obra
ata o momento pouco coñecida.
SELECCIÓN DE POEMAS DE AVILÉS DE TARAMANCOS
" Todo canto eu amei perdéuseme contigo:
a luz clara e vibrante da miña xuventude,
os bosques entrañables perfeitos de quietud
onde o vento vivía con un lecer antigo.
Entón era o silencio o meu mellor amigo,
era eu namorado de todo canto vía,
vivir era unha leda, fermosa moradía
onde o mencer entraba recendendo a pantri
De súpeto viñeches con esa lonxanía,
caraveliño feble en terra ventureira,
e eu abrín outra nova fiestra para o día.
E todo canto amei foi unha lumieira,
foi a fouce tan íntima que de cote se afía
para ceifar dun pulo brutal a primaveira."
AMOR . "Poema a Fina Barrios" (1959)
"Miña Patria:
Eu son o teu soldado máis forte.
A túa lingua é a miña espada
e cando debullo unha canción
cando florece unha palabra
canta en min o labrego cavador
o emigrante e o poeta,
o mariñeiro
o home que amasa o pan e moxe o leite.
¡Non son un home: Son un pobo
e ninguén me pode domear¡
PATRIÓTICO. "Nova Crónica de Ulises" (1978)
"Que a terra me conforte,
a terra fresca
onde meus pais labraron
e sinta o seu lentor
e sinta a saiba
subir polas raíces até o corpo
dos grandes castiñeiros.
Só por sentir as rulas
pousarse levemente na saudade.
SAUDADE DE GALICIA. . "Última fuxida a harar"
(1991)
CHACHAUÍ
" Ter unha casa en Chachauí sobre do cume
do cúndur-cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas.Ter unha casa en chachauí
e ver no fondo do precipicio o Plutamio
brincar como un regueiro pequeniño.
Ter unha casa en Chachauí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocois, o conto do turpial
e o miar estremecedor do puma negro.
Ter unha casa en Chachauí.
esquecerse do tempo, estar ó pé dun deus
antigo amigo do sol."
SAUDADECOLOMBIANA."Cantos Caucanos"(85)
"Bébote meu amor; como quen bebe
un elixir:comezo polos ollos
extasiados de prazer, e collo-os
como quen alza un caliz. Pola sebe
que perfila o nariz percuro a breve
fenda da túa boca, onde os escollos
de neve dos teus dentes son ferrollos
que aprisionan a lingua-lanza leve
que me ensancha a fondura do degaro-
Logo xa, meu amor, xa non reparo
e bebo enteiramente desde a illarga
ao sorvete de meles escondido
que sabe a mar, a mar embravecido
que se desata en temporal, e larga
o navio do amor ao desamparo.
E logo da descarga
Bebo aínda da luz que dá o teu faro.
EROTISMO. "As torres no ar" (1989)
|