INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
BOWLING FOR COLUMBINE
 
 

Un documental imprescindible

Non hai moito tivo lugar en Hollywood a cerimonia anual de entrega de Oscars ás mellores películas, directores/as, actrices, actores... e un montón de categorías profesionais da sétima arte. Tendo en conta que Hollywood é a maior e máis productiva industria cinematográfica, algúns non poden (podemos) evitar ver unha certa relación entre galardón e rendibilidade comercial; anque hai que recoñecer que ás veces ás obras mestras poden ser un gran negocio (O Padriño, Casablanca, O que o Vento levou... ou a nada convencional Cidadán Kane)
Así, os amantes do cine non comercial e independente non adoitan ver espacios televisivos como este dos Oscar, que solen un coñazo cun certo toque hortera. Mágoa, por que perdemos o deste ano, donde un tío gordo, totalmente fora dos cánones hollywootienses, subía ó estrado para recoller o premio o mellor documental. Este gordo simpático, Michael Moore, en vez botar unhas bágoas neste glorioso momento, aproveitou para esbardallar un cacho contra o presidente do seu país e a intervención americana en Iraq.
¿Como un acto pomposo e cerimonioso como a entrega das famosas estatuíñas da Academia pode converterse nun acto reivindicativo? A situación mundial esixe un compromiso, e o mundo da farándula está respondendo ben (véxase a entrega dos Premios Goya en España), algúns deles están pagando caro (e aínda han pagar) a súa liberdade de expresión. Volvemos ó macarthismo ianqui coa súa caza de bruxas e, en versión española, ós tempos de Paco. Se xa o dixo o outro día unha señora nunha rúa calquera dunha vila galega calquera: "Es que, hija, ahora la gente se manifiesta por cualquier cosa..."
Bowling for Columbine, que significa algo así como "Bolos para Columbine", ten o seu punto de partida na traxedia ocorrida no instituto norteamericano de Columbine, onde dous alumnos causaron unha masacre con armas de fogo e explosivos en 1999. Ó investigar as causas de tales aberrantes actos, a policía non chegou a ningunha conclusión, máis que a relacionar o comportamento violento dos autores co feito de que acudisen a unha boleira antes da traca. Curiosamente, Columbine conta cunha das maiores fábricas de armamento do país e a matanza ocorreu, casualmente, no mesmo día no que EEUU atacou Kosovo.
Moore faise as seguintes preguntas ¿Somos unha nación tola polas armas ou estamos simplemente tolos? ¿Son os conflictos raciais e sociais, aínda por resolver, os que causan tantas mortes? ¿Ou é que os americanos somos propensos historicamente á violencia?
Para responder a estas preguntas fai un rigoroso estudio do uso das armas no seu país e compárao con Canadá, o seu país veciño. Recorre toda unha galería de personaxes reais, entre os que cabe destacar a figura patética do actor Charlton Heston, presidente da Asociación Americana do Rifle.
A medida de que se desenvolve a película vanse desmontando unha serie de afirmacións: non é a posibilidade de ter armas na casa o que fai matar, os canadenses tamén son afeccionados ás armas pero non se matan entre eles. Non son tampouco os conflictos raciais, xa que, noutros países que tamén os sofren, o número de víctimas é infinitamente menor que en USA.
Vaise debuxando a tese central: A TESE DO MEDO. A sociedade americana vive atemorizada dende as súas orixes, o medo compulsivo dos primeiros colonos a ser perseguidos por motivos relixiosos foise substituíndo por outros medos e os inimigos foron sucedéndose: bruxas, ingleses, negros, indios...musulmáns. Resulta moi simpática a banda deseñada, dos mesmos debuxantes de South Park, coa que ilustra a súa orixinal historia de Norte América.
É o medo no que vive inmersa a sociedade americana o que provoca o comportamento violento. A violencia convértese no medio de defensa máis inmediato.
Se non tes medo, aínda estas a tempo de ver Bowling for Columbine. Achégate ata ó cine máis próximo se queres vela, porque parece que a cinta non se vai comercializar en DVD ata dentro de seis anos.

S. Losada

 

Inicio

Oferta Educativa