INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 
CARTA A CHARLES DARWIN
 
 

Cando hoxe está en boca de todos e non se fala máis que dela (máis do que algúns quererían), eu vou tratar de analizala e explicala, retrocedendo ás súas orixes e recorrendo a ti, vello Darwin, porque queirámolo ou non, evolucionamos gracias á guerra e á arte de matar, que permitía ó prehomínido máis intelixente e forte eliminar ó máis débil e menos evolucionado cerebral, aínda que algún se conserve hoxe, e tecnoloxicamente (non pensariades que as lanzas e os coitelos de sílex inoxidable utilizábanse só para xogar ó "corre que te pillo" cos mamuts). A "selección natural", que dirías ti, gran Charles, "que permite a gradual evolución do ser" (algo tiña que aprender en Filosofía), pero así, chegamos ata hoxe, os máis guapos, listos, intelixentes, fortes e guays (perdón ós do ENL), a nós, que na nosa infinita humildade (porque somos os máis humildes, que non hai ninguén máis humilde ca nós, os máis humildes dos humildes) nos denominamos Sapiens Sapiens, dúas veces sabios (claro, sabemos os nomes, apelidos e profesión de todos os concursantes de GH e OT por orde de nominación, expulsión e primeira aparición en Crónicas Marcianas) seguimos guerreando a pesar da nosa ilimitada perfección alcanzada na evolución.
Haberá logo que recorrer ás nosas motivacións. Ben, primeiro loitamos, querido Charles, pola supervivencia, logo polo lume e, xa máis adiante, nunha época onde o honor e a fidelidade importaban e a relixión érao todo, os homes loitaban por altas cousas, loitaban por uns ideais, por uns reis tiranos que acabarían coa tiranía doutros reis, loitaban por un Deus afastado e omnipotente, pero achegado e misericordioso, pretextos que encubrían a razón de poderío e económica, que se implican mutuamente (claro, sempre a "pela", que dende o precapitalismo comercial mesopotámico, que non paramos), pretextos que antes significaban algo.
Logo, os homes xa non loitaron por ningún rei ou deus, senón por si mesmos, para derrocar reis déspotas (ilustrados pero déspotas) e instaurar sociedades de egalité, fraternité e liberté, como eles dicían (ideas non lles faltaban, pero perdéronse á metade do camiño).
E chegamos por fin á actualidade, a época que máis se presta á confusión, porque por unha vez na historia non se sabe quen son os malos e quen os bos, e cambia ademais a terminoloxía: a guerra xa non se chama guerra, senón "conflicto armado" e os mortos son os "efectos colaterais" causados polo "fogo amigo" (esa é a verdadeira amizade) e pola "probabilidade de error do guía láser", e a conquista dunha cidade ou a retirada son respectivamente "toma do obxectivo anteriormente determinado" e "movemento de reposicionamento ás posicións preestablecidas na retagarda", ocasionada tamén polo prehistórico "corre que te pillo" anteriormente citado, entre individuos da mesma especie, e así con outros termos. Claro que tamén cambian as cantidades: os danos colaterais sofren un "incremento progresivo" (cuestión de números) de centos a miles, podendo chegar a millóns, millóns tamén de dólares os que poden custar as "batallitas", ligado curiosamente, meu Charles, esto ós motivos que se antes eran ideais ou relixiosos encubrindo ós económicos, agora son económicos a secas, remendados de mala maneira con motivos pseudo humanitario-político-sociais (Perdón outra vez ós do ENL polos sucesivos castelanismos)
Conclusión do estudio: en 20.000 millóns de anos de evolución non aprendemos nada, só a matar máis e mellor e, desenvolvendo a túa teoría e xa a estas alturas, meu amigo Charles Darwin, a excesiva competencia entre unha mesma especie pode conlevar ó seu propio exterminio e desaparición.
En fin, como eles din, God bless a todos (non só a eles, que chegar, chega para todos) e que tamén nos perdoe, porque, como dixo o maior pacifista da historia, non sabemos (si, "-emos" que todos "emos" os nosos fallos) o que facemos.

P.D.: Agora tócanos a nós facer que cambie todo isto, porque é fácil botarlle a culpa ós nosos pais e esperar que o arranxen os nosos fillos, pero non é a solución. E recorda, para as xeracións futuras (aínda manteño a esperanza de que as haberá), que a morte dun ser humano, inocente ou culpable, nunca estivo, está nin estará xustificada, porque cada home é un ser único, irreparable e irrepetible (a pesar da clonación), que ten moito que ensinar e do que temos, aínda, moito que aprender. Cada home é un universo, un anaco de espacio e de tempo que nunca poderá ser ocupado ou substituído por ningún outro ser.

Un cordial saúdo

Alejandro Vázquez Yañez
1º BAC-B

 

Inicio

Oferta Educativa