INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

CARTAS A UN NENO IRAQUÍ

 
 

26/03/03

Querido neno:


¡Ola! Imaxino que estarás chorando e cheo de tristeza. Seguramente terás medo, estarás agochado no medio dos bombardeos.
Tranquilo, entre todos os nenos e nenas do mundo e tamén dos adultos axudaremos a que esto remate axiña e non haxa tanto sufrimento. Faremos protestas ou calquera cousa que estea nas nosas mans. E ó rematar esta guerra poderás saír de onde estás agochado.
Dende aquí douche todo o meu apoio para que saias adiante. Non chores, esto rematará pronto ou eso esperamos todos.
Bush é o culpable de todo esto, pero non se dá feito nada contra de se a maior parte dos países o apoian. Parece mentira que o noso presidente estea a favor da guerra. Non só o noso, senón todos os presidentes. Parece mentira que nos anos que estamos aínda haxa guerras.
Digamos todos ¡NON Á GUERRA! por ti e por todos os rapaces, soldados e adultos que están sufrindo.

Todo o meu apoio

Olalla

¡Ola, amigo!

¿Que tal estades ti e a túa familia? Espero que ben, aínda que xa sei que tampouco estaredes saltando de ledicia, co asunto da guerra. Debes estar moi canso de erguerte da cama en canto soan as sirenas e ir correndo para o refuxio antibombas a resgardarte das malditas bombas que lanzan os soldados estadounidenses. A verdade é que vos admiro polo valor que tedes. Non me gustaría estar no voso lugar.
Aquí, todos, excepto o goberno, coma sempre, estamos en contra da guerra, aínda que tamén, coma sempre non nos fan caso.
Ben, con esta carta tiña a intención de infundirche moitos ánimos e xa me informarás se o conseguín ou non.
Adeus

Pablo

Querido amigo:

Son Carme, unha rapaza de España que está moi preocupada pola vosa situación. Escríboche esta carta porque sei todo o que estás sufrindo e o que están a sufrir tamén os que están contigo. Creo que as cousas non se resolven coa guerra, así non se consegue nada, e remataremos todos prexudicados.
Todos os días ó levantarme penso cómo sería a vida sen guerra, se todos fosemos iguais, se vivisemos todos unidos con todo o que precisásemos, sen que ninguén pasase fame nin houbese discriminados, que todos nos tratasemos como irmáns que somos.
Meu amigo, téñome que despedir, pero non te preocupes que todo sairá ben.

Adeus

Carme

¡Ola!

Síntome moi mal porque un dos culpables de que esteades todos nesa situación angustiosa é o presidente do meu país, ó que posiblemente elixiran meus pais, como o resto dos españois, votándoo.
Esta carta sei que non che vai servir de nada, pero gustaríame dicirche que moitas persoas están con vós, e eu son unha delas.
Xamais pensei que un presidente responsable como é Bush, ou era responsable, nos estea a dar este exemplo, que é a guerra.
Cada día intento pensar o que sentirás cando oes caer un mísil, pero non dou. Eu non sería quen de resistir o que resistes ti ou toda a túa familia.
¡Miúdo exemplo nos están dando todos os presidentes..., e todo por un pouco de petróleo, ¡é vergonzoso!
Neste momento gustaríame que todos os iraquís puidesedes marchar do país e non ter que soportar todos os días ver como se destrúe o voso país e como morre toda a vosa familia, amigos e coñecidos.

Moita sorte e oxalá que remate pronto esta guerra

¡¡¡NON Á GUERRA!!!

Belén Torreiro

 

Inicio

Oferta Educativa