| |
O 18/03/03 foi un día no que a liberdade dos centros educativos
galegos se viu seriamente restrinxida.
Dende a Xunta de Galicia déronse ordes inmediatas para que
toda a información da Marea Negra e da Guerra de Iraq fose
retirada dos institutos.
A razón que se deu foi que constitúe un delicto calquera
tipo de manifestación política por parte dun centro
de ensino.
As miñas conclusións:
A traxedia do Prestige é algo que perdurará na memoria
de todos nós, porque se trata dun suceso que nos afecta de
moi pretiño.
A guerra, a morte de inocentes, nunca é convincente.
Considero que as responsabilidades son compartidas entre o noso
goberno, que para algo nos representa, e os dirixentes doutros países.
Mofándose e insultando non se axudou ós mariñeiros,
xa que o verdadeiramente eficaz foi recoller o chapapote das praias.
Tampouco estou de acordo nin creo que ninguén coaccionase
ó alumnado deste instituto.
Todo, absolutamente todo o que se pode ver nas paredes e taboleiros,
só responde a un dereito fundamental na democracia: liberdade
de opinión, de expresión e de prensa. Estas liberdades
víronse truncadas porque alguén decidiu no seu propio
beneficio que a verdade da mocidade galega deixase de escoitarse.
Nestes momentos de censura quixera dirixirme non sei moi ben a quen
e expresarlle isto:
Sinto noxo, vergoña e impotencia polos políticos que
tanto usan o termo democracia nos seus discursos, porque vivimos
nun país ó que denominan democrático e constitucional,
pero á hora punta non o é.
Galicia é fermosa, a pesar das pegadas do chapapote, máis
noxenta é a nosa Xunta.
A algúns dos estudiantes galegos quédanos moito que
dicir e aínda moito máis que facer. Non nos ides pechar
a boca, e oxalá nun futuro próximo os que hoxe presumides
de maioría quededes nun recuncho dos ignorados.
Ós galegos non se nos vence tan axiña, berra liberdade.
Natalia Blanco
1º BAC-B
Chámanlle democracia e non o é.
|
|