INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

COMENTAMOS POEMAS ACTUAIS

 
 

POEMA: "MENDINHO NEGRO"

Sedíame eu en Fisterra entre os cons,
e cercáronme as ondas, que negras son:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!

Estando na costa a pescar,
cercáronme as ondas negras do mar:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!

E cercáronme as ondas, que negras son,
non hai Goberno, nin defensor:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!

E cercáronme as ondas do negro mar,
non hei Goberno nin sei limpar:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!

Non hei Goberno nin defensor
morrerei eu de fame no mar maior:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!

Non hei Goberno nin sei limpar,
morrerei eu de fame no negro mar:
eu afogando en fuel maldito!
eu afogando en fuel maldito!.


COMENTARIO:

Este poema titulado "MENDINHO NEGRO" do ex -profesor do IES de Melide, Carlos Negro Romero, e escrito ó estilo das cantigas de amigo medievais; reflicte perfectamente o sentimento do autor de soidade, inquedanza, mágoa, carraxe e impotencia en relación á catástrofe ecolóxica que aínda na actualidade e por moitos anos está a vivir Galicia.
Estes sentimentos abrollan cando el se atopa en Fisterra e observa como as ondas cheas de chapapote o van envolvendo. Dáse conta de que está completamente só ante ese desastre a causa de que o Goberno o abandona e nota a falta dun defensor. Engade, ademais, que non o sabe limpar e por moito que faga é imposible atoparlle unha solución á marea negra que ven os seus ollos. Non é de estrañar , pois, que afirme que el só sen axuda, morrerá de fame no negro mar aceptando a realidade social e política.
Co berro implícito de "eu afogando en fuel maldito" nos dous últimos versos de cada estrofa, faise máis profunda a certidume de impotencia do autor que ve que non dá saído a pé ante o gran problema ecolóxico que trae consigo outro problema económico.
Neste poema Carlos Negro quere representar a situación dos galegos que sufriron o resultado dunha mala resolución do "caso Prestige"; vendo como o Goberno ( varias veces nomeado en Mendinho Negro) se fai xordo ante as súplicas de axuda do pobo. Como consecuencia disto os cidadáns e cidadás desencadearon sentimentos contrarios: por un lado, rabia e ira debido ó abandono institucional e, por outro lado, pena, autocompaixón, inquedanza, soidade e impotencia a causa de que non poden facer nada e que viven en carne propia a mercadoría perigosa da mentira e propaganda mentres ven que o seu "tesouro" se vai afundindo pouco a pouco.

Con este poema síntome plenamente identificada, pois vouno lendo e recordo a experiencia vivida na cadea humana. Ese día puiden comprobar e vivir eu mesma os sentimentos anteriormente nomeados por Carlos Negro. Durante a nosa caminata ó redor do mar observei que toda a beleza das nosas costas fora estropeada por completo polo fuel verquido do barco. Todo isto foi o que me impulsou a ir a esa viaxe, a manifestarme, espertar e unirme ós berros de carraxe da xenté dicindo: ¡NUNCA MÁIS!


Rosa Mato Amboage
3º eso - B

POEMA : " OUTRO POEMA DOS DONS"

Gracias quero dar
pola noite e a chuvia
que nos devolveu a memoria da nai.
E pola muller
que dá forma á beleza.
Polo sexo
que une nunha soa carne
dúas soidades
e polo soño que nos pemite
a viaxe á morte
e o regreso.
Polo vento
que nos fai estraños de nós mesmos
e pola pedra
que aspira a soñar a eternidade.

Gracias quero dar polos nenos
que non coñecen nin a culpa nin a morte
e pola música,
leve espírito do vento.
Pola luz
que nos devolve o mar nos ollos da amada
e polo aire, vivificante e saudábel.
Pola beleza,
que nos enche e acovarda,
e polo mencer
que nos ofrece a ilusión
da primeira vez.

Gracias
pola xuventude e polos sentidos
polo loureiro e o trigo,
pola herba, máis tenaz que o tempo,
e pola arte,
que nos trasanda e sobrevive.

Gracias quero dar
polos días que compartes comigo,
pola caricia e polo beixo.

Gracias polo mar, absoluto e poderoso.

Gracias polo silencio e polo verso.


De memoria de Agosto. Xulio Varcárcel(1993)

COMENTARIO :

Ó ler este poema sentín a importancia de saber valorar cada momento e cada circunstancia de todo o que nos rodea, que a maioría de nós pasamos por alto, e que algúns son máis afortunados e poden disfrutar deste privilexio de sabelas entender, gozar e compartir.
Tamén descubrín cantas sensacións se poden vivir se es capaz de deixarte levar pola mente e os sentimentos a través dun libro ou un poema como este, igual que eu acabo de facer. Saber apreciar o verdadeiro fondo da vida vai moito máis alá do material; estoutra parte que non se ve e que tampouco sabemos reflictir, pero que dalgunha maneira todos levamos e sentimos e que moitos non temos palabras para expresar.
Sentín que todo ten o valor e a importancia que cada un de nós sexamos capaces de darlle.
En resumo, SENTÍN e fun capaz de EMOCIONARME porque neste poema hai moitos sentimentos que calquera de nós non podería expresar con palabras, pero que todos temos moi fondos.

Laura Barreiro Agra. 3ºESO-A

 

 

Inicio

Oferta Educativa