INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

CONSERVANDO A NOSA CULTURA

 
 

UN RECUNCHO PARA A NOSA LITERATURA POPULAR

CAMIÑO DE COMPOSTELA

- ¿A onde vai aquel romeiro,
meu romeiro a onde irá?
Camiño de Compostela,
non sei se aló chegará.
Os pés leva cheos de sangue,
xa non pode máis andar.
¡Malpocado! ¡Pobre vello!
Non sei se aló chegará.
Ten longas e brancas barbas,
ollos de doce mirar,
ollos gacios, leonados,
verde como a auga do mar.
- ¿A onde ides, meu romeiro?
¿A onde queredes chegar?
- Camiño de Compostela,
onde teño o meu fogar.
Compostela é miña terra,
deixeina sete anos hai,
relucente en sete soles,
brillante coma un altar.
- Cóllase a min, meu velliño,
imos xuntos camiñar.
eu trobeiro das trobas
da Virxe de Bonaval.
- Eu chámome don Gaiferos,
Gaiferos de Mormaltán:
se agora non teño forzas,
meu Santiaguiño mas dará.
Chegaron a Compostela
e foron á Catedral.
Desta maneira falou
Gaiferos de Mormaltán:
- Gracias meu Señor Santiago,
ós vosos pés me tes xa,
se queres tirarme a vida,
pódesma , señor, tirar,
porque morrerei contento
nesta Santa Catedral.
E o vello das brancas barbas
caeu tendido no chan.
Pechou os seus ollos verdes,
verdes coma auga do mar.
O bispo que isto viu,
alí o mandou enterrar.
E así morreu, meus señores,
Gaiferos de Mormaltán.
¡Este é un dos moitos milagres
que Santiago Apóstolo fai!

Miriam López Nieto. S1A

UN CONTO MOI PEQUENO

¡Alabado sexa Deus!
que agora vos vou contar
un contiño moi bonito
que moi ben vos ha gustar.

Heivos contar a verdade
que vos foi desta maneira:
que botou as monicións
a María, a panadeira.

Todos pregunta con quén,
por arriba ou por abaixo,
e as monicións xa botou
domingo co tío Naranxo.

El xa tiña pelos brancos,
as moas xa lle caían
e dentes non tiña ningún
nin de abaixo nin de riba.

Ela era boa moza,
nunca tivo pretendentes,
moi amiguiña dos homes,
e chegoulle agora a sorte.

A xente que ía comprar
á súa tenda ou despacho,
a todos lles pregunta
polo seu noivo Naranxo.

Chegou por alí unha veciña,
confioulle o seu segredo:
- ¿qué che parece, Luísa,
do meu novo casamento?

- O seu casamento é bo
-contestoulle siñá Luisa-
se no marcha do sitio
xa rebenta alí coa risa.

O día no que casaron
era inverno e chovía;
esvarou o tío Naranxo
e caeu pernas arriba
nun gran pozo de auga fría;
no se podía levantar
e axudoulle a tía María.

Cando alí foron xantar
toda a xentiña da voda,
entrou un can na cociña
e comeulle a carne toda.
Eva Vázquez Naviza. S1D

O TRAXE NOVO DO EMPERADOR

Este é rei de gran fachenda:
- O primeiro, a vestimenta.
¿Qué capa porei mañá?
Quero estar coma un galán.
- Escoitade, emperador,
o que vos di un servidor.
Facemos, se vos queredes,
o traxe que merecedes,
visible para xente boa,
oculto á mala persoa.
- Esa é unha gran idea,
por diñeiro que non sexa:
ouro, brocatel, veludo,
que os criados merquen todo.
Dade moedas xenerosas
que o caso é ir primoroso.
O rei agarda aquel pano
sen sospeita-lo engano.
E manda ve-lo vestido
a un cortesán inimigo:
- Será prenda de donaire,
a tea ten moito aire.
Vai un ministro a galope
e non ve tea que toque.
Pero infórmao cabal:
- ¡Non vin unha cousa igual!
O pobo agarda anhelante.
As rúas moi animadas;
a xente canta baladas;
saúda dende o balcón
e con moita admiración:
- ¡Que riqueza de vestido!
¡Que rei garboso e belido!
Cando pasa a comitiva
sinala unha rapaciña:
- ¡O rei vai en camiseta!
¿Por qué non leva chaqueta?
Debe estar tururú,
igual mañá mostra o cu.
Alterase así o cotarro,
xa non hai quen pare o carro.
Con semellante indumento,
el ten vergonza un momento.
Xa non pode facer nada
para salva-la "fachada".
Entre burlas e barullo
vai meneando o bandullo.

Eva Vázquez Naviza. S1D

CANTIGAS

Unha vella dixo á outra,
polo poxigo da porta,
ti goberna a túa vida,
que a miña nada che importa.

Unha noite no muíño,
unha noite non é nada,
unha semaniña enteira,
iso si que é muiñada.

Onde vexas moito fume,
nunca te vaias quentar,
que é leña verde
ou morriñada do allar

Anque che son da mariña,
da mariña de Betanzos,
anque che son da mariña
non che vendo garavanzos.

Quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar á praia
como nos pasou a nós.

¿De onde ves María?
Veño da verdura.
¡Ai!, que ricas coles
ten o señor cura
e maila criada.
¿De onde ves María?
veño da cebada


Eu ben vin quedar ó cuco
na cima dun castiñeiro,
cunha subela na man,
aprendendo a zapateiro.

Non teñas tanta preguiza,
nin botes tanto por ela,
que anque teñas a casa grande
pagas a renda por ela.

Maruxiña dáme un bico,
que che hei dar un pataco.
Non quero bicos dos homes,
que me cheiran ó tabaco.


Nena que estás na ventá,
coa punta do pan fora,
se non me ensinas a cara,
o pan non me namora.

Namoreime de ti, rapaza,
porque cantabas ben,
e agora morro de fame,
o cantar non me mantén.

Esta noite e maila outra,
e maila outra pasada,
abalei unha pereira,
que nunca fora abalada.

Agora que vén o verán,
alegría para os señores,
que andan de sala en sala
mirando para os labradores.


O cura vendeu a besta
por non lle dá-la cebada.
Agora vai ós enterros
dacabalo da criada.

O cura e maila criada
ordenaron de cocer
tiñan a leña no monte
ea fariña sen moer.

Unha vella fixo papas,
e botounas nunha criba,
puxo a criba na cabeza
e escaldouse a vella viva.

Dedicada a todos os da miña clase, en especial a : Lidia, Mónica Cea, Kris e Vero.
Elma- 2º ESO-C

CANTIGAS

Furelos para ladróns,
Moldes para testigos falsos,
San Cosme val para meigas
e Melide para Vagos.

Vexo Vigo, vexo Vigo,
Tamén veso Redondela
tamén vexo a ponte de Sampaio,
camiño da miña Terra.

Ó subila e ó baixala,
e a costa de Reboredo,
ó subila e ó baixala
perdín a cinta do pelo.

Canto máis alto, máis alto,
nenas de Vilamaior,
canto máis alto, máis alto,
canto máis alto mellor.

Para mulas Monterroso,
para vacas Guimarei,
e para nenas arrogantes,
terras onde meu criei,

As mociñas de Melide
choran e teñen razón,
porque ningunha casa,
de presumidas que son.

Indo por Campos abaixo
non encontrei senón cantigas;
indo por Melide arriba,
¡ai que lindas raparigas!

Eu fun a Boente de riba
afiar o meu puñal,
para pasear de noite
este camiño real.

Anque che son de Baneiro,
non che teño que perder,
o que se mete comigo
o sangue lle hei de beber,

Santiago é boa vila,
da de comer a quen pasa,
levando cartos na bolsa,
pan trigo haino na praza.

Indo para Portugal,
chegando para a Pena Redonda,
acordáronseme as nenas,
¡e non sei se me volva!

Para cantar, viva Ordes,
para bailar, Folladela;
para mozos arrogantes,
vivan os da miña terra.

As nenas de Paradela
déamas Deus para cantar;
gargantiñas como elas,
daquí a Roma non as hai.

Adiós, calles de Mellí,
adiós, Campo de San Roque;
adiós, muíños de Petos,
adiós, taberna do Forte.

Viva o Forte, viva o Forte;
e o Ribeiro tamén viva,
entre o Forte e o Ribeiro,
alí teño a miña vida.

Adeus vila de Melide,
que triste te vas quedando,
a flor dos bos mozos
Melilla chos vai levando.

A aldea de Paradela,
de lonxe parece vila;
hai unha rosa na entrada
e un caravel na saída.

A aldea de Visantoña
é ruín porque a fan;
se lle botan a semente,
tamén da o azafrán.

Somos rapaces de Moldes,
de Moldes che somos nós;
e anque che somos de Moldes,
sabemos servir a Dios.

Para Moldes, para Moldes,
prenda do meu corazón,
para Moldes, para Moldes,
para outro lado non.

¡Ai aldea de San Cosme
rodeada de fieitos!
o amor que nela entre
ha de ser dos escolleitos.

Quero unha moza de Campos
cunha saia de picote,
e non a quero de Melide
con tres mil reais de dote.

O muíño de Naseiro
bota a fariña por baixo,
o que queira guapas mozas
ten que chegar a Tradiazo.

O muíño de Naseiro
bota a fariña por riba,
o que queira boas mozas,
pase pola ponte arriba.

Teño unha moza nos Condes,
outra no Ribeiro de Avia;
se a dos Condes é bonita,
a do Ribeiro lle gana.

Fuches a Vilagarcía,
fuches e non viches nada,
non viches raiar o sol
nunha mazá colorada.

As mociñas de Furelos
ben se poden alabar,
unha taza de fariña
non a saben amasar.

A Castela van os homes,
á Castela para gañar,
Castela queda na terra
pra quen queira traballar.

Sempre me andas preguntando
de que romaría veño:
veño da feira de Curtis,
da feira e Curtis veño.

Comín castañas asadas
que viñeron de Padrón,
e bebín auga do rego,
matoume no corazón

Do libro "Terra de Melide"
Sandra Rodríguez Carril- S1D

 

Inicio

Oferta Educativa