| |
Eu o que quero criticar son algúns programas nos que a xente
vai contar a súa vida privada mentres os xornalistas que
interveñen nos debates provócanse entre eles a mais
á persoa que vai contar a súa vida. Despois veñen
os problemas...
Algúns programas non son para iso, ¡ningún é
para iso! Poden debater educadamente pero sen pasarse, que é
o que se fai agora. ¡E non! os seus problemas que os discutan
nas súas casas ou que se citen para falar deles e punto...
Home... é interesante e dáche a risa ó velos
a todos/as así, pero ¡un respecto!
Disfrutar disfrútase véndoo polos insultos... ¡se
son suaves! porque eles descontrólanse sós. Iso está
mal, segundo o meu punto de vista.
E non digamos "Salsa rosa" e todos eses programas, tamén
"Crónicas Marcianas", nos que a xente se insulta
sen parar e dan sinceramente vergoña. ¡Non me digades
que non!
Porque o que digo é que por unha parte disfrútase,
pero por outra non se avergoñan de si mesmos nin se arrepinten
despois... aínda se non fose diante de todos os espectadores...
¡centos de persoas! tiña un pase, ¡je, je!
Está claro que esta xente non se corta un pelo, e non digamos
en " A tu lado"... iso é un auténtico espectáculo.
Entre os de "OT" (Operación Triunfo) póñense
coma tolos, pero que o falen en outro lado, ¡repito!
Esta xente está claro que por cartos ¡fan de todo!
Cristina
1º Bac-B
|
|