INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

ESTÁ Á VENDA O FILME

 
 

DRAGON HILL CON VERSIÓNS EN CASTELÁN, CATALÁN E BASCO


O pasado 23 de abril comezou a venda do filme Dragon Hill. O outeiro do dragón en formato vídeo e DVD. Dragon Hill (que gañou o último premio Goya de animación) venderase nestes dous formatos con versións en todas as linguas oficiais do Estado, excepto o galego.

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou publicamente esta situación e observou que "o estipulado na Lei de Normalización Lingüística sobre fomento da dobraxe de filmes ao galego non se está a cumprir" e que, mesmo, nos últimos anos se estiveron a producir "inxustificábeis retrocesos".

Para o presidente desta asociación, Carlos Manuel Callón, "é verdadeiramente vergoñante que o idioma galego sexa o único idioma oficial do Estado continuamente excluído dos avances tecnolóxicos ou das novidades audiovisuais".

O IDIOMA GALEGO É O ÚNICO EXCLUÍDO NA DISTRIBUCIÓN DE DRAGON HILL, e aínda hai quen pensa que a nosa lingua xa está normalizada. Queda moito por facer, sen dúbida algunha.

 

Inicio

Oferta Educativa