| |
UNHA CORTIZA
Ola, queridos lectores/as, hoxe quérovos comunicar os malos
tratos que sufro dende hai catro anos, cando me instalaron nunha
clase de segundo da ESO.
Toda a miña dor comezou cando por primeira vez me cravaron
un marco de piñeiro con máis de cincuenta craviños.
Despois impregnáronme con cola inflamable e tapáronme
algúns poros, polo que non podo respirar moi ben, e para
deixarme máis seguro na parede, puxéronme outros trinta
craviños. Días despois empezaban as clases e comezaron
por cravarme unha chincheta con un papel que poñía:
"Levanta a cadeira despois da última clase", e
outros papeis sen importancia, cada un con catro chinchetas, e por
cada chincheta un laio de dolor.
Fun aguantando varios anos así, pero desde que este curso
viñeron estes diaños para a aula, é que me
desespero, porque paso unha dolor indescritible. Comezando polos
paos e patadas que me meten para facerse os machotes ou para molestar
ós da clase do lado; o que sei é que me están
desfacendo vivo. E cada pouco un cartel novo. Mirade, hoxe teño:
un mapa do mundo, un alfabeto, varios papeis de anuncios e un cartel
que pon "Xuntos pola paz"; pero iso da paz évos
unha trola grandísima, porque aquí da paz nada. Se
puidese falar... ¡o que lles chamaría!
O outro día chegou unha carta duns rapaces de Murcia dándolles
ánimos aos galegos polo desastre do Prestige, pero ¿quen
me pide perdón a min?.
Deixémolo aí, eu son un obxecto sen sentidos, sen
dor, un obxecto morto; pero isto, realmente, é unha dor.
Alberto
PDC-4º
UN TELEVISOR
Eu son un televisor e gústame selo, porque case todo o
mundo me ve e me quere, e eu son feliz porque fago á xente
feliz.
A min gústame ser televisor, porque comparto os momentos
tristes, felices, aburridos, etc, e o que máis me gusta é
que me cambien de canle, me poñan adornos e, por suposto,
que me manteñan limpo e, se pode ser, que estea nun sitio
onde a xente sexa feliz.Tamén me gustaría ser televisor
porque cada minuto que pasa emito imaxes cada vez máis modernizadas
e todos os famosos están dentro de min.
Cada chega a hora de durmir, o que máis boto de menos son
os ruídos da xente pola mañá, e unha das cousas
que máis felices me fai é ver os rapaces pola tarde
con esas caras de bos vendo os debuxos que eu emito.
Así que, se non me coñeces, xa sabes, aperta un botón
e cambia de canle, xa verás como che gusto.
Delfino
PDC
|
|