INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

EU, SON EU

 
 

Eu, son eu. Eu e só eu. Eu son a súa razón de vivir.
¿Non son eu a que o fago todo? Sempre de aquí para alá dando voltas, traballando ata caer rendida no chan. Que se rega as plantas, que se isto, que se o outro... e todos aproveitándose de min sen darse conta do meu desgaste. "¡Teño sede!" Alá vou eu axudar a toda a comunidade.
¡Son uns desagradecidos! Aínda por riba de que fan o que queren, contaminan a esencia do meu ser cos seus malos fumes.
As miñas bágoas fan felices a moitos, pero xa estou cansada de chorar. Tantos anos chorando en van...
¡Pois xa estou farta!
Eu, a auga, a choiva, o vapor, o 90% dos seus corpos... estou rendida. Presento aquí no Intres a miña dimisión definitiva.

Lucía Lugrís
1º Bac-B


 

Inicio

Oferta Educativa