INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

EXAMES

 
 

Un día do mes de decembro, estaban tres amigas na casa de unha delas pretendendo estudiar para o exame do día seguinte. A tarde enteira pasárona falando así que caía a noite e non sabían nada polo que decidiron pasar a noite estudiando.
A avoa dunha das rapazas estaba enferma, así que os pais dela foron durmir coa señoriña. As tres amigas tiñan a casa toda para elas, así que comezaron a pensar en que facer e decidiron facer unha sesión de espiritismo.
Todos os seus compañeiros fixeran algunha e contaban cousas abraiantes, así que decidiron probar, sabían como facelo e fixeron un circuliño no medio do salón. Axiña comezaron a ver que algo raro estaba a pasar, sentíano no ambiente, cando de súpeto foise a luz e comezaron a berrar como tolas.
Pasaban os minutos pero a luz non volvía, entón unha delas dixo que era mellor baixar ó garaxe, que era onde estaba o cadro eléctrico central da casa,.As outras dúas dixeron que diso nada, pero ó final aceptaron. Baixaron e o seu gran susto foi ver que non era unha pantasma, senón que eran os seus pais que chegaban en coche coa avoa, e sen querer déranlle ó interruptor.

¡¡¡vaia susto levaron!!!

MTC

Moita sorte para os exames.

María Taboada Costoya

 

Inicio

Oferta Educativa