INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

EXCURSIÓN A VALENCIA

 
 

DO 23 Ó 27 DE ABRIL

Era mércores, 6.00 da mañá, todos dispostos a saír. Os pais despedíndose e nós, e nós con ganas de marchar xa. Subimos ó autobús e logo comezamos a poñernos na onda, a falar, a espertar... Durante a viaxe vimos dúas películas (Scream I e Homes de Negro), pasámolo moi ben e, ademais, faciamos paradas cada pouco. É tardiña chegamos a Benidorm, ó chegar ó hotel o primeiro que nos chamou a atención foi ver que a gran maioría eran ingleses ou alemáns. Despois de aloxarnos e cear estivemos polo hotel ata tarde. Había unha especie de terraza grande con piscina e moito espacio e moito espacio e saímos para alí, as vistas eran moi fermosas. Cando voltamos á habitación estivemos falando, quen máis e quen menos un bo anaco.
A mañá seguinte era o gran día para moitos, fomos a Terra Mítica, un parque temático que conta con máis de 30 atraccións diferentes. Entre as que máis nós gustaron estaba a Tizona (montaña rusa invertida), todas as de auga, a caída libre da ave Fénix....ademais de diversas actuacións como a de Barbarroja. Alí pasamos todo o día, anque para xantar fomos ó hotel, compramos recordos e, sobre todo, rimos moito.
O venres fomos á cidade de Valencia. Pola mañá visitamos o museo do MUVIM, e comemos nas proximidades do parque Guliver, un parque que representaba ó xigante do mesmo nome. Á tarde visitamos a parte antiga da cidade: a catedral, a lonxa, o mercado...etc. Cando voltamos ó hotel, despois da cea, demos unha volta por Benidorm. Non foi moito tempo, pero pasámolo moi ben, ata fixemos fotos na praia.
O sábado tamén estivemos na cidade de Valencia; pola mañá vimos o Museo das Artes e as Ciencias L' Hemisferic, unha especie de planetario ou cine en tres dimensións, on de vimos unha película sobre astronautas.. Despois de comer de pícnic, pola tarde vimos o Oceanográfico, similar a un acuario, no que vimos un espectáculo de delfíns moi bonito. Para cear fomos á Albufera, para comer unha paella valenciana típica. Logo regresamos a Benidorm e deixáronnos saír ata as dúas e media. Estivemos nunha discoteca chamada Penélope, cunha zona ó fondo practicamente para nós sos. En fin, que voltamos ó hotel e como era a última noite e todo iso que dicimos, non durmimos practicamente nada.
O domingo era o día do regreso. Ás primeiras horas case todo o mundo durmiu algo, pero despois vimos algunhas películas: Titanic e outra sobre un volcán. Sobre as dez da noite chegamos de regreso a Melide, sen maiores problemas e cun sorriso de orella a orella.

María Taboada-3º C

 

Inicio

Oferta Educativa