| |
¡Ola a todos!: nós somos as alumnas de Debuxo Artístico
I; e como é a 1ª vez que a temos no instituto, escribímosvos
esta carta, porque pensamos que é necesario que saibades
en qué consiste esta materia. Na nosa opinión é
unha materia parecida a Plástica, pero á vez moi diferente.
En primeiro lugar en debuxo artistico, non hai debuxo técnico;
si, si leíches ben, ese de alzado, planta e perfil. Nós
nesta materia o que máis facemos é pintar, as veces
a carboncillo, outras a acrílico, acuarela ou óleo.
Inspirámonos en todo tipo de cousas: cadros, fotos, libros,
a natureza, modelos ó natural, pero ademais descubrimos a
través das formas e da cor, a arte abstracta, axudándonos
da música tan rara que escoitamos (normalmente radio 3, porque
Natalia non quere que cambiemos de emisora).
Despois de case nove meses de experiencia coa pintura e o seu cheiro,
podémosvos decir algunhas cousas, como que hai que ter paciencia,
non hai que desesperarse se sae mal porque sempre o podes retocar.
Ah, e como dí Natalia: ¡exprésate!. Pero isto
non se pode explicar, hai que experimentalo un mesmo porque é
un pequeno gran mundo, e iso está nas vosas mans; nós
pola nosa parte recomendámosvos que o fagades.
Se queres ver o noso traballo, estade atentos, porque imos facer
unha exposición, esa será a nosa primeira exposición,
e como nos costou tanto facer as nosas pequenas obras de arte, gustaríanos
que alumnos e profesores, fosen a vela para darnos a súa
opinión. Un saúdo para todos vós de nós:
Ana Belén Villamor, Lucía Lugris, Susana Prado e Bárbara
Rodriguez de 1º B de Bac.
|
|