| |
Actualmente está tristemente de moda o tema do maltrato
a mulleres e esa "punta do iceberg" que son as estatísticas
de mortes de mulleres a mans da súa parella. Sorprende comprobar
con canta frecuencia saltan ás páxinas dos xornais
os "novos casos" de agresión con resultado de morte.
As análises que se realizan deste "fenómeno"
son a miúdo simplistas e ben intencionadas, incluso cando
proceden de supostos "expertos" nestes temas.
Causas como a ocultación do problema a familiares, a falta
de independencia económica, o baixo nivel sociocultural (no
presente en moitos casos) e, por suposto, a suposta agresividade
innata do varón levan en si mesmos a posta en marcha de políticas
que tenden a mitigar estes aspectos, como por exemplo a necesidade
de tutela a muller maltratada a través de medios como proporcionar
a vivenda e educación ou formación suficiente para
poder ter unha vida independente do seu agresor.
Este é un asunto complexo do que non se poden ver as raíces
na inmediatez do problema. É preciso ir un pouco máis
alá para descubrir qué hai na socialización
feminina e masculina que converte a uns en dominados e a outros
en dominadores con "apabullante" frecuencia.
A miúdo hai homes e mulleres que comparten uns ideais similares,
pero con diferente intensidade. Por exemplo, a idea de estar incompleto
se non se constitúe un en parella, o ideal do "amor
romántico" como fusión que impulsa a idea do
sacrificio individual en pos dun ben superior: a vida en parella,
a aceptación dos celos como consecuencia necesaria do amor
exclusivo, o sentimento de fracaso se non se produce o encontro
amoroso.
Na consideración do maltrato deberían terse en conta
as primeiras formas de agresión que se producen no seo dunha
relación e o seu crecemento ascendente. Na miña opinión,
formas distintas de maltrato son a de descualificación da
opinión dunha muller, a presión para que a muller
se adapte ás demandas sexuais ou doutro tipo do varón,
a prohibición de que traballe fóra da casa, etc...
Un varón que impón condicións deste tipo a
unha muller é moi probable que se converta nun maltratador
e iso é o que moi frecuentemente se cala.
Un home que maltrata non é un enfermo, é alguén
que acepta sen cuestionar todos os valores recibidos desde a súa
máis tenra infancia. Sentir respecto e aprecio por quen un
é convértese nun factor protector tanto como ter cuestionado
crenzas como a de que "non se pode ser feliz sen un home ó
teu lado ou sen ser nai"
|
|