|
Amizade, Compañeirismo , simplemente Distinguidos.
Sonche tres aspectos moi distintos os que a xente acostuma a utilizar
do mesmo xeito, ou polo menos pensan que aquela persoa que é
un simple distinguido vai actuar ou ten a obriga de ser como se
fose un amigo.
Ó MEU ENTENDER:
§ Amizade.- Amig@, o que coñeces ou cres coñecer
e confías e "sabes" que ó teu lado vai estar
nas boas e nas malas. Para contar as alegrías e ofrecer o
ombreiro nas penas. Sen hipocresía nin cinismo.
§ Compañeirismo.- Comportamento que se ten cun/cunha
compañeir@. Por exemplo, prestarlle o material de traballo.
§ Distinguido.- que @ coñeces de unha vez que os presentaros,
de intercambia-lo saúdo... non quere dicir que sexa nin un
amig@ nin compañeir@, nin que poidas confiar nel sen esperar
que as cousas non poidan sáir como pensas.
Con isto gustaríame dar a entender o seu significado a algunhas
persoas e en concreto a algunha que é amig@ miña,
@s compañeir@s e os que por agora só son simples coñecid@s
. Nos que eu podo notar que están enganados con outras persoas,
e que @ primeir@ que vén din que é o seu/súa
amig@.
Escoitade con atención e pensade para vós ou o que
é o mesmo EN VOZ BAIXA:
" As palabras non matan, pero sementan a confusión
e a mentira e alimentan o
lume da discordia, e chegado o caso ofrecen coartadas para o crime"
Alejandra Arenas. 3º eso-C
|