| |
Había unha vez dous adolescentes que se namoraron nada máis
verse.
Nese momento, nunha praia de Ibiza, nas illas Baleares, a moza,
chamada Rosana, comezou a camiñar pola praia co seu cabelo
louro, os seus ollos azuis coma a auga do mar e a súa boca
tan doce.
Rodrigo, o mozo, non podía deixar de pensar nela. Rosana
tamén se sentía atraída por el, con esa mirada
tan conquistadora, os seus labios carnosos e tan doces como o mel.
Un día, cando se volveron encontrar na mesma praia, cando
estaban os dous xuntos, viunos o pai del e decidiron que esa non
era a muller que merecía el, xa que era un rapaz rico e ela
non.
Seguíronse vendo ás agachadas sen que ninguén
o soubese durante un ano e ó cabo dese tempo decidiron casar.
Daquela xurdiu un problema, non sabían como dicírllelo
ós pais.
Entón reuníronse na praia onde se coñeceran
e alí foi onde lles dixeron que se quedarían para
sempre. Os pais, ó ver que non tiñan outra posibilidade
e que non había maneira de negalo, aceptaron sen rechistar.
Ó chegar o día da voda, que era o 15 de decembro,
o noivo chegara á igrexa, pero a que faltaba era a moza.
El pensaba que podía ser que fose coma todas as noivas e
que se retrasaba un anaco, pero non era iso senón que morrera.
Entón ó decatarse disto, el marchou e decidiu matarse
tamén, porque así ninguén os podería
separar.
Cristina
1º Bach-B
|
|