|
- Mamá, mamá, a profesora fixo unha pregunta e eu
fun o único que levantou a man...
- ¿E que preguntou?
- ¿Quen non fixo a tarefa?
Un neno na escola...
Pregúntalle a profesora:
- Xabier, ¿canto é 4 +4?
- Eeee... non sei, deben ser 9, ¿non?
- Mal, Xabier, agora tes 9 días fóra da escola. A
ver, Xurxo, ¿canto é 10+5?
- 15, profesora.
- Moi ben, Xurxo, por contestar ben tes 15 días de vacacións.
Xabier non paraba de rir e a profesora preguntoulle:
- ¿Por que ris tanto?
- Porque Xurxo é parvo, se contestase 365 ¡gañaría
todo un ano de vacacións!
Encóntranse dous borrachos nunha sala dun tanatorio e ven
entrar un vello de 80 anos en cadeira de rodas, entón dille
un ao outro:
- ¿Sabes como lle din ó vello?
- ¿Como?
- Película nova.
- ¿E iso por que?
- Proximamente nesta sala
Dous tolos escapan dunha clínica psiquiátrica. Polo
camiño chegan a unha estación e soben ao tren contentos
da súa boa sorte. Ese tren resulta que levaba unha compañía
de manobras da mariña, e ao ver tanto mariñeiro dille
un ao outro:
- ¡Oes, tolo, isto non é un tres, ¡isto é
un barco!
E dille o outro:
- Imos tirarnos á auga antes de que arranque.
E tírase. O que está aínda no tren pregúntalle:
- ¿Como está a auga?
E contesta o outro dende o chan do andén:
- ¡Tírate polo outro lado, que por aquí hai
moitas rocas.
Cristina-1ºBac-B
Era un home tan pequeno, tan pequeno, que un día colleu
unha canica e dixo: "O mundo é meu".
Un xoven conduce cunha soa man,
mentres coa outra abraza á súa moza.
Chega un policía de tráfico e dille:
-Use as dúas mans, xoven.
El contesta:
-Si, iso xa o pensei, pero entón, ¿con cal conduzo?
Un conductor que vai a toda velocidade
pola estrada, chega a unha curva pechada e sae da estrada dando
un par de voltas de campá. A policía chega moi pouco
despois e detense para axudalo:
-¿Volcou vostede, señor?
-¡Pois non, se lle parece estou baleirando os cinceiros!
Un xornalista pregúntalle a un cirurxián moi famoso:
-¿A que idade fixo vostede a súa primeira operación?
O cirurxián responde:
-Ós cinco anos, lémbroo perfectamente, era unha suma.
¿En que se parece unha árbore a un borracho?
-En que unha árbore empeza polo chan e remata na copa, e
o borracho empeza pola copa e acaba no chan.
Antón, dáme doce euros para mercarlle ó neno
un pantalón e unha camiseta para saca-lo de paseo.
-Toma dous, é todo o que teño.
-Con isto non teño bastante e non poderei sacalo de paseo.
-Pois mércalle unha gorra e asómao pola fiestra.
Papá, vou casar.
-¡Ah, de veras! ¿e con quen?
-Coa miña avoa
-¿Como? ¡Pero iso é imposible, non podes casar
coa miña nai!
¿Por que non?, ¿protestei eu cando te casaches coa
miña nai?
Uns nenos están armando un xaleo
impresionante na súa habitación. A nai berra:
- ¡Alberte!, ¿pero que estás facendo?
-Nada, mamá- responde o neno
-¿E ti Nando?
- Eu,....axúdolle, mamá.
¡Mamá, mamá, papá volveuse tolo,
estase tirando pola ventaaaaaaaaa!
¿En que se parecen as nubes ós chavales?
-En que cando os chavales marchan, queda un día marabilloso.
Paula Uxía Seijas Garea e Eva Vázquez Naviza- 1º
ESO-D
|