| |
Sinto indignación por ese policía que vin na TV cando,
escudado tralo seu casco, pegoulle coa porra un golpe demoledor
a aquela rapaza que nada lle fixera.
Só defendía a paz, e el puido tela matado con semellante
golpe.
Avergónzame a súa actuación, considéroo
indigno de vestir un uniforme coma o do corpo de policía,
considéroo miserable.
Outros dos seus compañeiros honran a súa placa, arriscan
a vida para defender a esa e a outros moitos cidadáns.
Esta actuación é inxustificable, carece de calquera
razón, se á rapaza lle chega a suceder o peor, señor
policía: vostede viviría o resto da súa vida
arrepentido e avergoñado. ¿como é posible que
a unha persoa capaz de utilizar un arma dun xeito tan cego, se lle
poida chamar señor axente? , ¿como pode representar
ás forzas do Estado?
Este xeito de entende-la xustiza utilizando a violencia é
unha barbaridade.
NATALIA BLANCO- 1º BACH-B
|
|