INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

INSTRUMENTOS NA POESÍA POPULAR

 
 

A miña muller é vella,
de vella rompeulle o coiro;
hemos faguer un PANDEIRO
pra correlo no entroido.


Aquile que anda no baile,
nin que fora meu irmau:
toca ben as CASTAÑOLAS,
baila na palma da mau.


Cálate, vaite calando,
cara de caracandil,
ollos de gato raxado,
fuciños de TAMBORIL.


Cando san do fiadeiro
os mociños desta terra
botan moitos ATURUXOS
como é costume galega.


Casar quería casar,
máis eu non teño diñeiro,
heille pedir ao meu sogro
para gañalo un PANDEIRO.


Catuxa, miña Catuxa,
Catuxiña, meu amor,
merqueiche xa unha PANDEIRA,
heiche mercar un TAMBOR.


Daille o PANDEIRO a Teresa
que volo sabe tocar;
dávoslle aquela voltiña,
sábeo repenicar.


Dos Chaus a Facós
todo é parola;
alí está tocando
o gaiteiro a VIOLA.


Ehí vai o gaiteiro,
deixalo pasar,
que vai tocala GAITA
coa ronda do lugar.


Eu cantar, canto moi mal,
e beilar aínda pior;
se é por tocalo PANDEIRO
outros o tocan millor.


Eu quero un mozo que sexa
forte coma un castiñeiro,
que sexa bo bailador,
que saiba tocalo PANDEIRO.


Heiche de tocalas CUNCHAS,
heichas de volver tocar;
anque tú non queiras, nena,
con outra hei de casar.

Heiche de tocalas CUNCHAS,
miña carrapucheiriña,
heiche de tocalas cunchas
anque sea na cociña.


Iste PANDEIRO que toco
é da pelica dun can
que me morreu de morriña
á porta de un sacristán.


Iste PANDEIRO que toco
é de peilca de ovella;
onte comía carpaza
i hoxe toca que rabea


Iste PANDEIRO que toco
non é meu, que é de Isabel,
que llo pedín emprestado
para ir ó San Miguel.

Iste PANDEIRO que toco
non é meu, que é de María;
funllo pedir emprestado
para ir á romaría.


Meniña, que é o que tes
que te limpas co mandil.
Seica che bateu teu pai
cunha mau do TAMBORIL.


Miña Virxe de Xurés,
ten unha ventana nova
para ver aos portugueses
cómo tocan a VIOLA.

O meu pai éche GAITEIRO
e miña nai tecedeira;
eu, como non teño oficio,
non vou topar quen me queira.


O PANDEIRO ten a culpa,
o pandeiro tena toda,
o pandeiro ten a culpa,
que lle tocan e non sona.

O PANDEIRO toca ben
porque as ferreñas son novas;
o galán que anda no baile
repica nas CASTAÑOLAS.


O PANDEIRO toca, toca,
o pandeiro toca ben;
o pandeiro toca, toca,
viva quen amores ten.


O tocador do PANDEIRO
hémoslle de dar dous reás,
i ó tocador da cazola
catro cartos pra mazás.

O tocador do PANDEIRO
ogallá que parta os dedos;
despois, cos dedos partidos,
que toque cos cotobelos.


Sei cantar e sei beilar,
sei tocala PANDEIRETA;
o que se case conmigo
leva música completa.


Tes un corpiño gaiteiro
i un andar de ACORDEÓN;
non seas ruín, galeguiña,
deixa que baile iste son.


Tiroliro, miña GAITA,
tiroliro que che falta:
telo viño na bodega
i o pantriguiño na iarca.


Toca o PANDEIRO, Marica,
repenícalle, Manola,
que quero ver como bailan
as mozas da miña terra.

Tocade esa PANDEIRETA
dádelle un golpe no medio
para que salgan a bailar
os que están de parrafeio.


Tocade esa PANDEIRETA
dádellle un golpe na beira
para que salgan a bailar
os mociños da ribeira.


A miña PANDARETIÑA
ten os aros de salgheiro
tócana á miña porta
resoa no Bidoeiro.

O gaiteiro toca, toca,
O TAMBORILEIRO tamén;
o gaiteiro toca, toca,
i o meu amor xa non vén.

O gaiteiro do Vioño
malo costado cho mate,
que non quer tocar a GAITA
si non lle dan chocolate.


Veña o PANDEIRO a ruar,
que estas son as mazarocas
que hoxe teño de fiar.


¡Que vida levas, GAITEIRO,
agora que vén o vran,
co tirulirí ás costas
i o tamparrantán na man!


O gaiteiro sin a GAITA
non ten donaire nin sal,
fai como a muller sin roca,
que maldita cousa val.


Hai no inferno unha festa,
que a fan os escribanos;
o demo toca na GAITA
cos dentes arregañados.


Toca o PANDEIRO redondo
toca o pandeiro redondo
que vai baila-la peinada
e maila do bico longo.

O PANDEIRO e mailas cunchas
María, miña María.
O pandeiro e mailas cunchas
quitan a melancolía.

De cor anacarado, miñas cunchas
miñas CUNCHAS, de cor anacarado
soade ben pra que chegue
o meu amor decontado.

Equipo de Normalización Lingüística- (ENL)

 

Inicio

Oferta Educativa