| |
Non se pode matar a todo un pobo para acabar cun tirano, non se
responde á violencia cunha guerra. A guerra supón
o fracaso da palabra, da democracia, de calquera valor que hoxe
ensinan nas escolas.
Se toda a evolución química, industrial, tecnolóxica
e mental que se fabrica co entusiasmo de progreso dos dirixentes
políticos é para utilizala nesa masacre, nesa guerra
de conquista e sometemento, pois entón maldita a evolución,
malditos os conflictos bélicos e malditos os canallas que
apoian iso. Preferiría voltar á idade de ferro e ás
cavernas..
A legalidade internacional así que agora a guerra é
a paz, a ilegalidade chámase legal e a liberdade é
a escravitude, as afortunadas resolucións son lexítimas
e para desarmar a Sadam hai que matar a moitos cidadáns.
¡Meu Deus!, eu quixera saber dende cando a legalidade é
a guerra, dende cando iso ten explicación posible, ¿en
que século vivimos?.
Pasarse polo forro dos pantalóns a case toda España
esixindo nas rúas un NON Á GUERRA por parte do goberno,
esquecerse do Parlamento, do noso Rei, da ONU,... ¿iso é
razoable?. Eu creo, e coma min milleiros de españois e europeos,
que non.
Terán vostedes coraxe, señores que apoian iso, porque
non dicilo Señor Presidente, terán vostedes argumentos
para contarlle ó neno Alí, sen brazos e con toda a
súa familia morta nun tiroteo, que a guerra foi para liberalo
e contra o terrorismo.
Alí medrará co rancor e, como din os vellos, cando
rompan os ovos xa se verán as cáscaras.
Apoiou a posición, totalmente contraria do que un país
plenamente democrático representa, Provocou o que lle sucedeu
ós nosos xoves xornalistas, foi cómplice.
E logo di que nos manifestamos violentamente, ¿pero que saberá
vostede?. A inmensa maioría estamos aburridos da súa
democracia, berramos consignas pero nunca fixemos mal a ninguén.
Non xeneralice porque vostede é o primeiro ignorante en defender
esta guerra. Se de verdade queremos loitar contra isto, cada un
de nós debemos loitar contra a prepotencia, a arrogancia
e a cegueira.
NATALIA BLANCO SÁNCHEZ- 1º BACH.-B
|
|