INTRES

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

NA AULA DE TECNOLOXÍA

 
 

PELUCHES CON PEL DE GATO

Abrigos, xerseis, xoguetes para mascotas....Millóns de artigos fabricados con pel de can e gato.

O GATIÑO DE MÁLAGA
Stuan Stevenson, ex-granxeiro reconvertido en europarlamentario, leva tres anos liderando unha compañía para a Unión Europea que prohibe o comercio de peles de animais.
- Como se ve no debuxo onde está Stuan Stevenson no seu despacho, moitos dos peluches tan suaves que se ven nas tendas poden estar feitos con pel de animal, por iso cando nós os tocamos percibimos que se parecen ós de verdade. Non é que o pareza, é que o son . Isto debería estar prohibido.

¿COMO OS MATAN ? DEGOLADOS VIVOS
Nun almacén no tamaño dun campo de fútbol hai montóns de peles amoreadas das. Afórcanos, cólganos de arames ou pasándolle o coitelo por entre as pernas. Ás veces,cando lles sacan a pel aínda están vivos.
Os cans tamén son sacrificados. As razas sacrificadas soen ser pastores alemáns, cruces de chow chow e moitas máis
Tamén os matan meténdolles unha mangueira na boca ata que afogan.

MATANZA EN FILIPINAS
Na imaxe, que foi tomada nun almacén de Mindanao, en Filipinas vese o proceso enteiro: En primeiro lugar os gatos son aforcados con arames. Unha vez asfixiados - aínda que non sempre mortos de todo - fáiselles un corte no estómago e arríncaselles a pel.


"O HOME É O ÚNICO ANIMAL QUE TROPEZA DÚAS VECES NA MESMA PEDRA"


Soraya- 2º C ESO

Un estudio australiano pode axudar a erradicar as mortes por cancro de pel.

A rápida detección de melanomas nodulares poderá axudar a reducir as mortes causadas polo cancro de pel, segundo revela un estudio publicado en Australia esta semana.

Os melanomas nodulares, desiguais, redondos e ovalados, ou incluso con manchas coloreadas, constitúen ó redor dun 10 ou 15% do total de casos de melanoma, que posteriormente desembocan no 60 ou 70% de melanomas profundos, que ameazan seriamente a vida do paciente, segundo as investigacións de científicos do Alfred Hospital de Melbourne Australia.
Os resultados da investigación avogan por un cambio na maneira que os cidadáns son aconsellados á hora de localizar posibles manchas canceríxenas na súa pel.
Os melanomas constitúen o máis mortífero dos cancros de pel. Xeralmente comezan como unha pequena mancha negra ou marrón que tarda moito tempo en crecer e crear ameazas potenciais.
Polo contrario, os melanomas nodulares comezan como manchas vermellas ou rosadas e crecen rapidamente.Un melanoma común podería crecer uns 5 ou 6 milímetros e ser aínda curable. Sen embargo, un nodular dese tamaño podería resultar fatal.
No estudio publicado no diario da American Academy of Dermatology, os científicos entrevistaron a 125 pacientes con melanomas de todos os tipos para que explicaran de que maneira os detectaron.


Soraya Fernández Regueiro. 2ºC


¿COMO FUNCIONA O PEGAMENTO INSTANTÁNEO ?

A maioría de pegamentos de uso doméstico están constituídos por polímeros plásticos, é dicir, moléculas xigantes que se unen entre si, e coas superficies que entran en contacto. Xeralmente estas partículas están disoltas nun líquido que se evapora ó secarse o pegamento. Iso non ocorre coas moléculas do pegamento instantáneo, que teñen a propiedade de comezar a endurecerse no momento da súa aplicación. O seu ingrediente básico é o cianocrilato -2- etilo, unha molécula simple que se endurece de maneira moi rápida cando entra en contacto coa humidade ambiental.

Elma - 2º C ESO


RESIDUOS, MATERIAL RECICLABLE

Os residuos da construcción son os que se orixinan no proceso de execución material dos traballos de edificación, tanto no que se refire á nova planta coma na restauración ou reparación. Mentres que os residuos de demolición defínese como aqueles materiais resultantes das operacións de desmontaxe. Trátase de facer cos residuos sobrantes dos materiais de construcción, un material reciclable.
A finais do 2002, saíu publicado o decreto de Consellería de Medio Ambiente, que regula a producción de residuos, que a súa vez entra en vigor. O director xerente explica a prioridade da nova orde: Impedir o abandono, ou o depósito inadecuado deste tipo de residuos. Pretende a súa vez prever os efectos negativos dos residuos que poden ter sobre o medio ambiente e fomentar a reciclaxe das materias e sustancias contidas nestes escombros a través da recuperación selectiva e da separación en orixe.
Lidia Corral López

CAIXEIROS AUTOMÁTICOS Á CAZA DO CACO

Se alguén lle rouba a tarxeta de crédito, o caixeiro automático non dará diñeiro ó ladrón, aínda que marque correctamente a clave numérica. I
So é o que perseguen distintos métodos que se están desenvolvendo. O máis recente consiste en recoñece-la forma en que o propietario teclea o seu número é dicir, a velocidade, a presión sobre as teclas, o ritmo, etc. Parece ser que a combinación de todos estes trazos son únicos en cada persoa. O invento débeselle a un equipo da Universidade inglesa Southampton, e acerta nun 92% das ocasións. Dado que para este tipo de sistemas resulte práctico a taxa de errores debe ser menor dun por mil, o método requirirá ser mellorado ou completado con outros. Agora estudian como afecta o clima a nosa forma de teclear o pin.

Lorena Blanco Sánchez

 

Inicio

Oferta Educativa