| |
Este curso fixen primeiro de bacharelato, e ó principio
estaba moi agobiada, e por encima os profesores sempre nos botaban
os seus sermóns dicindo: ¡Xa non sodes da ESO e isto
non é a ESO...! Eu, ó principio, pensaba: Estes moito
esbardallan, pero isto é igual e eu tamén son a de
sempre. Pois o certo é que estaba enganada; agora, cando
remata o curso, doume conta de que non son a mesma. Xa non paso
dos "profes" coma antes, e ás veces aínda
sigo algún que outro dos seus consellos; quen me ía
dicir a min que eu ía seguir os consellos dos profesores.
Ademais, agora xa non estudio por obrigación, senón
porque quero aprender. Ben, con isto só quero darlles ánimos
a aqueles/as que para o ano comecen o bacharelato; que non se desanimen
porque non é imposible, e tranquilos se suspenden algunha,
aínda queda xuño e setembro. Sobre todo ós
que vaian por letras, que non fagan caso das persoas que din: As
letras non valen para nada e con estudiar o día anterior
xa chega... Esas persoas están moi enganadas, porque gracias
ás letras, no mundo hai uns bos xornalistas dispostos a xogar
a súa vida, arriscándose a ir a unha guerra só
para informarnos a todos nós. Tamén atopamos a eses
humanistas que trouxeron ós nosos días antigos manuscritos
e teses sen as que a ciencia non sería nada. Ademais non
debemos esquecer que a maioría das linguas europeas, incluída
a nosa, proveñen do latín e do grego. Sobre todo non
debedes esquecer que as humanidades son máis importantes
que as ciencias, porque nelas está apoiada toda a cultura.
Polo tanto, nós estamos a culturizarnos, mentres que os de
ciencias perden o tempo facendo logaritmos, que non solucionan a
vida, cousa que unha boa dose de cultura si pode facer.
Para rematar, gustaríame darlles as gracias a aquelas persoas
que me axudaron a aproveitar un bo curso; a Susana Losada pola súa
lección de amizade, porque gracias a ti arranxamos "aquelo".
Ós meus compañeiros e amigos, en especial a Mar, Rodrigo
e Natalia. Só a última cousa, xa non son da ESO e
estou orgullosa do que aprendín neste curso.
Ana Belén Villamor Bande
1º Bac-B
|
|